O líder do PPdeG alerta que votar a C's pode levar as mareas á Xunta

Lembra que nas pasadas eleccións xerais , C'S provocou que os populares galegos perderan catro escanos, dos que tres foron a En Marea e só un á formación de Albert Rivera. Evita confirmar se pactar con esta formación senón hai maioría absoluta en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/01/2016 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

As autonómicas galegas están chamando xa a porta e os nervios en certas formacións políticas, tamén. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, alertou que o voto a Ciudadanos é un voto que acabará nas mareas e en Podemos e, polo tanto, provocará que estas formacións cheguen á Presidencia da Xunta.

Feijóo no Consello da Xunta
Feijóo no Consello da Xunta

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta puxo como exemplo o acontecido nas pasadas eleccións xerais nas que o PPdeG, dixo, perdeu catro escanos por mor dos votos a C's. “Só hai que ver o que pasou nas pasadas eleccións cando o voto a Ciudadanos supuxo que o PPdeG perdera catro escanos e esta formación só conseguiu un deputado”, suliñou. “Ese voto acabou nas mareas e en Podemos”, insistiu.

Por iso, volveu facer un chamamento ao voto útil e insinuou que nos próximos comicios só vai haber dúas opcións; ou o PPdeG ou as mareas. “O PP gañará as eleccións se a xente segue confiando no PP e, senón, gobernará a alternativa que é Podemos”, indicou.

Neste sentido, e preguntado por GC, evitou valorar a fichaxe do ex concelleiro popular en Santiago, Javier Sánchez-Agostino como coordinador de C's en Galicia, e se este nomeamento suporá un acercamento entre a formación de Albert Rivera e os populares despois das autonómicas se o PPdeG non consegue a maioría absoluta.

Feijóo descartou da carreira electoral en Galicia ao PSdeG e volveu criticar ao seu secretario xeral, José Ramón Besteiro, de quen dixo que ostentou cargos públicos –en alusión á Presidencia da Deputación de Lugo-- “sen ter gañado ningunhas eleccións”. “Teño máis interese polo que di Felipe González –que aposta por un pacto PSOE-PP --, que polo que di Besteiro”, dixo ao referirse as declaracións do líder dos socialistas galegos que avogou públicamente por un pacto PSOE-Podemos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 avispón

A xente que vota a Cidadáns non vota, porque non quere, o PP. É algo que os dirixentes non entenden. A ideoloxía republicana liberal foi destrozada polos burócratas; señoritos e españolistos do PP. Non teñen collóns a defendela. E parece que C´S é o coco namentras que os marxistas venezolanos de Podemos son a panacea europea.

2 Mastro

Que pobre discurso, agora dicir que votar cidadáns e falicitar un goberno de esquerda. O de sempre, o PP quere o poder e non quere compartilo salvo vanos cantos ao PSOE dicíndolle deixanos gobernar que nos repartimos o pastel

1 mareas si

non, votar C's é votar nacionalismo espanhol na GZ. Votar C's é votar que empresas e individuais podan facer negocio na nossa terra ignorando a nossa lingua e dicindo que temos que falar espanhol, e tamén encurtar o nosso hino para evitar os versos que falan deles. Tamén é dicir que Suso non tinha unha disputa...

1 Antinostrus

Veiga ou Vaamonde????.....por que se é a referida ao Fillo pu tis mo en relación á Nai Ezpagña eu, tamén, aínda a tenho sen resolveré..............