A Xunta defende a continuidade de Ence porque se non marcharía para Asturias

“É moi fácil falar desde determinadas butacas”, di Feijóo en alusión ás numerosas críticas que tivo a prórroga da papeleira durante outros 50 anos. Suliña que a el lle gustaría que se trasladara, pero, en xogo, di, "estaban centos de empregos".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/01/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Hai uns meses o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseguraba que a factoría de Ence sería trasladada fóra da ría de Pontevedra. Unha opinión que mantivo e fixo pública en varias ocasións ata que decidiu calar. O seu silencio xa avanzaba unha nova estratexia por parte do Goberno galego e da Administración central; deixar que a papeleira seguira na súa ubicación actual. 

Ence, dende a praia de Lourido
Ence, dende a praia de Lourido | Fonte: Diego Portela en Flickr.

Alberto Núñez Feijóo desvelaba este xoves os motivos da prórroga a factoría; ou ficaba na ría de Pontevedra, ou pechaba e trasladaba a súa produción para a empresa que mantén en Navia, Asturias. E, ante esa suposta ameaza ou chantaxe, a Xunta e o Goberno central decidiron ceder e manter a factoría 50 anos máis en Pontevedra.

Se puideramos trasladala, claro que a trasladariamos. Estivemos tentándoo. Buscamos alternativas pero, finalmente, a única opción era o seu peche e o traslado da produción a Navia”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

O presidente da Xunta insistiu que a súa opción persoal era o traslado, pero que, debido a que non era posible, pensouse nos centos de postos de traballo que a empresa orixina en Pontevedra e no seu entorno. “Desde determinadas butacas é moi fácil falar disto”, dixo en alusión ás numerosas críticas que tivo a a prórroga da papeleira, especialmente, por parte do rexedor da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores.  

“Pero a alternativa era a súa continuidade ou que haxa máis paro na cidade de Galicia que xa ten máis paro”, replicou o presidente galego que insistiu que se elixiu a “mellor opción” pensando nos intereses económicos de Pontevedra, do seu entorno e dos traballadores. “Eu preferiría outra cousa pero a disxuntiva era o paro de centenares de persoas, dos camioneiros ou do sector forestal, ademais do gran impacto económico que tería no porto de Marín”, precisou.

En todo caso, o presidente da Xunta lembrou os compromisos adquiridos pola papeleira que se comprometeu a realizar inversións por valor superior aos 60 millóns de euros neses 50 anos. “Agora ten unha débeda importante con Galicia e con Pontevedra e agardemos que a cumpra”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galegoexiliado

E logo dín que as mordidas que teñen que pagar as empresas colocando a exministros e exaltos cargos non son inversions productivas. Pois aí tedes o resultado, sesenta anos mais de concesión (porque a lei non permite mais....) e así en toda Expaña, Saqueo continuo as empresas se queren traballar, recibir axudas e subencions, eso si, logo os beneficios compensa ben, prórrogas de concesión, sobrecostes en proxectos, axudas estatais...... eso si, sempre despois da correspondente mordida, xa sexa en sobre ou en contrato de asesor ou consejero de admistración. El saqueo de España ba vien.

1 Marta Corral

Que marche para onde queira. Se non estivese Ence, non estaría chea de eucaliptos todo Galicia e non habería nin a terceira parte dos lunes que hai