Unha tese avalía a reconstrución da literatura galega tras o 36

Mario Regueira estuda o espazo cultural galego na postguerra (1936-1966) e papel da "Nova Narrativa" e a Editorial Galaxia.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 29/01/2016 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A tese titúlase "A narrativa na reconstrución do campo literario de posguerra." Repertorios e imaxinario nacional no proxecto de Galaxia e foi presentada na Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección do profesor Arturo Casas. O autor, Mario Regueira, analiza a emerxencia dun campo cultural galego entre os anos 1936 e 1966.

Mario Ibán Regueira Fernández
Mario Ibán Regueira Fernández

Neste contexto, no que editoriais como Galaxia vanse consolidando a partir de 1950 como primeira editora do país, analízase de forma específica o seu traballo na conquista de ámbitos para a lingua galega, así como as influencias ideolóxicas e filosóficas que están por detrás do seu discurso e da súa actividade editorial.

A tese trata, asemade, sobre a forma na que este legado ideolóxico condiciona as primeiras narrativas publicadas por Galaxia e a relación das novas propostas da mesma, especialmente o que se deu en chamar “Nova Narrativa” e máis a relación con outras que viñan do exilio, ou mesmo a actitude de certos axentes que adoptaron o castelán como lingua literaria.

Concédese, dentro desta perspectiva, un papel especial á configuración das fronteiras do campo literario galego neste período, cuxa definición, segundo o autor do traballo, a grandes trazos segue vixente nos nosos días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 anonimo

Galaxia fue fundada en pleno franquismo ¡quien lo diría! entonces, todo aquello del gallego proscrito y de la deuda histórica que tenemos con vosotros por pobrecitos pisoteados ¿qué? tramposos.

1 Brath

Tendo en conta que en Galicia non houbo fronte de guerra, e que á xente a mataron só polas súas ideas, está un pouco fora de lugar o teu comentario. Se ademáis non es capaz de diferenciar, certa "permisividade co galego" na década dos 70, dentro dunha liña xeral de erradicación da vida pública dunha lingua e dunhas ideas. E que isto último ninguén mínimamente informado o discute, pois apaga e vámonos!

2 Anonymous

Virgencita! No te muerdas la lengua por descuido o morirás sin remisión! Hay que tener muy poca vida social para venir aquí a decir gilipolleces como esta. Te recomiendo Foro coches, encaja más con tu limitado nivel intelectual.

1 Jose_

Para qualquer estupidez se fazem Teses na Galiza. Para as cousas realmente importantes que faltam por estudar sobre o País, nem teses nem tesinas...

1 Milho

Podes iluminar-nos com quais são as cousas importantes e quais são as tuas contribuições, teses ou tesinas, a esas ideias? Seguramente não, mas podes dar a impressão que es dese tipo de pessoas (muito abundante na Galiza, tristemente) que critica muito nos foruns e não faze rem na realidade. Ou na mínima, que faze crítica destrutiva e não construtiva.

2 Luís Foz

Que fácil é dizer estupidezes meu caro José. Tanto Mário Regueira como o seu diretor de tesse Arturo Casas é dessa gente que faz grande um país e a sua cultura