Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/11/2024 | Actualizada ás 14:06
O arcebispo de Santiago, Francisco Xosé Prieto, amosou a súa "preocupación" pola situación do galego tras a publicación do último informe do IGE que constata que, por primeira vez, os castelán falantes son máis numerosos que os galego falantes, así como a perda de falantes sobre todo, entre as novas xeracións.
Nun encontro mantido este martes con representantes de Queremos Galego, Prieto amosouse "preocupado e consciente" da situación do galego e comprometeuse con accións para un maior uso do galego.
Queremos Galego informoulle das accións accións de Queremos Galego para o 17 de novembro no que convocou un gran acto baixo o lema "Mudemos o rumbo". O arcebispo maniféstoulle a esta entidade a súa vontade e compromiso de que se produzan avances concretos no uso e extensión do galego na igrexa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.