A Xunta inspecciona na fronteira camións de leite portugés

Até 70 denuncias puxeron os axentes da Polícía Autonómica nos últimos meses nun intento de protexer ao sector galego de prácticas irregulares dalgúns axentes comerciais do país veciño.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/01/2016 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica informa que ten en marcha unha campaña de control de transportes de leite e derivados procedentes de Portugal, con destino ás industrias lácteas da comunidade, polo que están activos controis nos pasos fronteirizos, así como nas industrias de destino.

Vehículo da Polícia Autonómica de Galicia
Vehículo da Polícia Autonómica de Galicia

"O obxectivo é comprobar a trazabilidade do leite que chega nos camións cisterna lusos, para que tanto a orixe coma o proceso de transporte e chegada a destina cumpran con todos os requisitos legais.", explica a Administración.

Desde maio de 2015 -cando se activou a campaña- ata finais de ano, a Policía Autonómica afirma que levou a cabo un total de 109 inspeccións que supuxeron 70 denuncias.

As infraccións máis frecuentes detectadas polo Goberno son a carencia de folla de recollida de gandeiros, a falta de documentación que permita comprobar o tipo de transporte, carecer de albaráns, non ter o distintivo da letra Q ou alteracións na Carta de Porte Internacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta