Temas: ENCE PONTEVEDRA

Unha multitudinaria manifestación pide que Ence marche da ría

Máis de 10.000 persoas denuncian a "agresión" do Goberno de Rajoy á Pontevedra. Destacados dirixentes do PSdeG, En Marea e o BNG participaron na marcha e critican os "intereses económicos" que hai detrás da decisión do executivo en funcións.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 29/01/2016 | Actualizada ás 23:13

Comparte esta noticia

Pontevedra non quere a Ence na súa ría. Así o deixaron claro as máis de 10.000 persoas que participaron na manifestación convocada pola plataforma ENCE Fóra! nesta cidade para esixir que a pasteira marche da ría "para sempre" e que o Goberno revogue a prórroga que lle acaba de conceder para que poida continuar coa súa actividade en Lourizán durante 60 anos máis.

Miles de persoas piden que Ence marche da ría de Pontevedra
Miles de persoas piden que Ence marche da ría de Pontevedra | Fonte: teinteresa.com

De feito, foi tan concurrida a protesta que os últimos manifestantes tiveron que agardar máis de media hora para comezar a andar. Ao final, leuse un comunicado no que se cualifica a medida do goberno en funcións coma un exemplo de "corruptelas e inmundicias" e de "escura, opaca e sen luz nin taquígrafos"porque oculta "enormes cantidades de capital repartido entre xente envilecida polo diñeiro".

"Os pontevedreses están cheos de indignación e rabia por ver como o Goberno permite a Ence seguir expoliando os recursos deste país dunha forma miserable, dedicando a ría de Pontevedra a producir para uns poucos e impedindo o seu despegamento como referente marisqueiro, pesqueiro e turístico", recollía este manifesto.

Por iso, os membros desta plataforma aseguraron que non van parar até recuperar a ría de Pontevedra porque teñen "forzas dabondo" para seguir coa súa loita "contra os delincuentes ecolóxicos, contra a soberbia do poder e contra a intervención das grandes empresas na política". "Seremos capaces de reverter esta vil maneira de facer política, afastada da luz e lonxe da intelixencia, sinónimo de vileza e covardía", concluíron.

Durante a acción de protesta, que partiu da praza da Ferrería e percorreu as rúas máis céntricas da cidade, os asistentes lamentaron esta "agresión" aos intereses de Pontevedra.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou o "gran éxito" desta mobilización social, que considerou "vital" para gañar esta "batalla" contra Ence. Unhas críticas que compartiu o aínda voceiro nacional do BNG, Xabier Vence.

Na manifestación tamén houbo unha notable presenza de cargos e militantes do PSdeG-PSOE, entre eles a deputada autonómica Patricia Vilán, o deputado no Congreso, Guillermo Meijón, ou o portavoz municipal en Pontevedra, Agustín Fernández.

Tamén participou a deputada de En Marea no Congreso Ángela Rodríguez, que criticou que o PP estea "defendendo ás elites financeiras e que non dialoga coa maioría social".

Temas: ENCE PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 Raxó quere Marea

Pois eu vin ao persidente da APDR Antón Masa na manifestación e sempre ben pertiño da deputada de En Marea, Ánxela Rodríguez na pacarta de cabeceira. Tamén a senadora de En Marea, Vanesa Angustia; ao deputado de En Marea, Miguel Anxo F. Vello; á deputada de En Marea, Ánxela Fernández; ao concelelrio de Marea Pontevedra Luís Rei; á concelleira de Marea Pontevedra Maria C. Moreira, aos concelleiros e concelleiras de Marea Marín, etc. Pola contra aos que non vin foi aos da CIG de ENCE nin aos de ELNOSA. Tampouco a Manuel Mera...

1 Gandaf

A marea quixo botar atras a manifestación na xuntanza da plataforma. Menos mal que non se lles fixo caso.

2 Trocomotxo

Claro e como houbo manifestación foron para saír na foto. Sarna.

3 2000

Estas a descubrir a estas alturas o postureo de décadas que os partidos teñen con Ence?

4 CHOVI LACAIO FELÓN

Quen non estivo foi o lacaio-felón Chovi de Vigo, que empezou cedo no San Brais a borracheira continua.

9 Fillos do CNI

É totalmente certo que ENCE convidou a Anova e IU en Pontevedra, a festa que fixo a primeiros de Novembro na praza de touros de Pontevedra para celebrar a aprobación por parte da UE do seu impacto medioambental (mentras sexan nos Países do sul). Tamén é xusto afirmar que Anova rexeitou o convite. Pero o propio convite é toda unha declaración de intencións. Potemos na Marea é disidencia pre frabricada nos laboratorios do CNI, pra renovar o bipartidismo (2.0) tradicional, mudando os peóns gastados (o mona-rca incluido), levar o disidencia ate o rego asumible polo réxime, sacar as protestas das ruas e centros de traballo e levalas aos platós das tv., e salvar a "sacrosanta" unidade do exendro chamado Expaña, co status de Galiza coma colonia a explotar recursos naturais e inzala de lumes e eucaliptos.

1 Fillos do CNI

Iredes toda a vida as carrachas da coleta de Pablemos co vello inclusive, agachar o voso carácter mercenario de eunucos do capital e o réxime borbónico neo franquista e mafias oligárquicas, no Bloque?. Abonda de tratar a "cidadania" de parvos, non todos somos do BNG, e non nos val, unha foto. Que iso de sair na foto, sair na tele, as apertas do vello "abrazafarolas" a Fraga, a Amancio Ortega, ao fillo do que puxo a dedo Franca, niso sodes mestres. Que hai da casta PSOE da que nunca iades pactar? antes de que o propio PSOE puxera a candidatura de Sánchez, xa o coletero o puxo de candidato revivindo o noxento bipartidismo. Do grupo parlamentar galego. Abonda de escusarse no Bloque, o Bloque xa esá a pagar os seus erros.

8 Todo por la pasta

Faltan na foto os de esquerda unida a Ence, os mareantes de CCOO e os do Podemos, eses desvergonzados que hai meses coquetearon con Ence e pararon cando viron que era unha posición perdedora. Todos eles querem reactivar o PXON para drrvir aos intereses da pasteira

7 2018

2018

6 Carqueixa free

Nesa foto non hai 10.000 persoas nin de coña. Máis ben sobra algún 0. A ver se van resultar como os 30.000 bloqueiros que cada 25 de xullo enchían os 2.500 metros cadrados da Praza da Quintana

1 Chin Chan

Paaaaassssaaaaa caaaaaaaan!!!

2 Chin Chan

Paaaaaaaasssssssaaaaaa caaaaaaan!!!!!