As mareas municipais buscan unirse para as eleccións galegas

Unhas 150 persoas dunhas 30 mareas de ámbeto local están reunidas arestora na Pobra. Sobre a mesa, os pasos a dar para converter este diálogo nunha confluencia da esquerda galega non subordinada aos partidos.

Por M.V. | A Pobra do Caramiñal | 31/01/2016 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Na reunión participan representantes das mareas das cidades, pero tamén de vilas como, por exemplo, Sada, Noia, Carral, Boiro, Rianxo etc. A xuntanza é continuación da do pasado día 16 deste mes na Estrada e ten como obxectivo, segundo a marea organizadora Nós Pobra,  "fixar de forma participativa as bases deste novo espazo que pretendemos desemboque nunha ampla confluencia na que os municipalismos tomen protagonismo de cara ás eleccións galegas".

Reunión das mareas municipalistas na Pobra
Reunión das mareas municipalistas na Pobra | Fonte: @NosPobra

Cómpre ter en conta que as mareas municipalistas quedaron relegadas a un segundo plano en En Marea, a coalición que logrou seis deputados nas eleccións xerais de 2015.

Malia que as candidaturas da Coruña, Santiago e Ferrol asumiron unha presenza mediática máis activa; o certo é que ningún dos grupos locais participou directamente nas negociacións, monopolizadas polos partidos ANOVA, Esquerda Unida e Podemos Galicia. Isto creou tensións con algunhas mareas locais, que agora buscan unirse para ter un papel máis activo nunha hipotética reedición de En Marea.

De feito, un dos obxectivos da reunión de hoxe é elixir unha "coordinadora técnica" que permita as mareas locais ter un órgano de representación común capacitado para, entre outras funcións, dialogar con outros axentes. 

Se logran coordinarse axeitadamente, o peso das mareas municipais pode ser decisivo na posíbel configuración dunha nova coalición de esquerdas para os comicios galegos. Unidas, as mareas locais poden sumar polo menos tantos activistas como militantes teñen os partidos que colaboran en En Marea.

Reunión das mareas municipalistas na Pobra
Reunión das mareas municipalistas na Pobra | Fonte: @NosPobra

Reunión das mareas municipalistas na Pobra
Reunión das mareas municipalistas na Pobra | Fonte: Iago Martínez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Un de sada

Cerebro? Dudo moito que ti sepas o que e iso!!. Ala, a rañala!!

4 GALEGO

menos comunismo e mais nacion,

3 Oliveira

O dato é trabucado. Había 30 gichos de 150 mareas

1 Un de Sada

Creo que os antiestamínicos son moi bos contra a comechón. Opérate!!!

2 Gamela

Pregunta importante: ¿estaban os 3 concelleiros da Marea de Vigo na Pobra?

1 per

http://canarias-semanal.org/not/176...

1 xaxaxa

Que veña Petras a ver o tapón da UPG para unha política propia na Galiza.

2 CHOVI LACAIO FELÓN

A UPG ainda tardou uns cantos anos en tocar fondo, a FPG en poucos meses acadou as máis altas cotas da miseria.