Adif investirá máis de 11 millóns para a seguridade de 43 túneles da alta velocidade a Galicia

A xestión integral destes elementos, claves para a seguridade dos viaxeiros e a infraestrutura, realizarase en 43 túneles

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2024 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Adif destinará 11,3 millóns de euros á xestión integral das instalacións de protección civil para mellorar a seguridade nos túneles do tramo Zamora-Pedralba-Taboadela, dentro da liña de alta velocidade Madrid-Galicia.

A xestión integral destes elementos, claves para a seguridade dos viaxeiros e a infraestrutura, realizarase en 43 túneles (15 monotubo e 14 bitubo, cun tubo para cada vía) e comprenderá diferentes ámbitos.

Entre outras cuestións, as actuaciónes encargaranse de iluminación en túneles, galerías de evacuación, zonas seguras de rescate, centros de transformación e salas técnicas, así como sistemas de extinción de incendios e sinalización.

Cunha duración de 48 meses, prorrogables 12 máis, o contrato comprende tamén labores de limpeza e mantemento das instalacións. O contrato foi adxudicado á UTE formada por SICE e Syneox Rail.

Construción do novo túnel ferroviario no Padornelo, na liña de AVE entre Madrid e Galicia / Europa Press / Europa Press
Construción do novo túnel ferroviario no Padornelo, na liña de AVE entre Madrid e Galicia / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta