PSA-Citroën alerta: "Haberá un problema grave"

O director da fábrica de Vigo avisa que como non se atope unha solución urbanística á anulación do plan xeral están en xogo "moitos empregos".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/02/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O director da fábrica de PSA Peugeot Citroën de Vigo falou alto e claro sobre a ampliación da fábrica de Balaídos tras a anulación do plan xeral polo Tribunal Supremo. Para algúns pode soar a ameaza, para outros, só como un aviso. En todo caso, Yann Martin dixo que se no primeiro ou segundo semestre deste ano non hai unha solución urbanística pode haber "un problema grave".

Factoría de Citröen en Vigo
Factoría de Citröen en Vigo | Fonte: autocity.com

Ata o momento falara a Xunta, o Concello de Vigo e os partidos que están a favor e en contra. O último en facelo foi AGE, que é a única formación que se opón a tramitación urxente do plan B presentado pola Xunta. Pero non o fixera a dirección da multinacional francesa.

Por iso, Martin Recalcou que é "responsabilidade de todos" atopar unha saída ao proxecto de ampliación da planta, e que para ese efecto PSA está a traballar coa Xunta e co Concello de Vigo. Unhas declaracións que fixo tras asistir á constitución das mesas de traballo do terceiro plan de acción para a mellora competitiva do sector da automoción de Galicia.

E tamén avisou... Desa solución depende que PSA Vigo propoña ao grupo automobilístico francés "solucións de industrialización" para poder optar a novos lanzamentos, o que "non podemos facer agora", dixo, pola anulación da PXOM de 2008 por parte do Tribunal Supremo.

"Estamos a traballar para conseguir un futuro para esta planta pola responsabilidade de moitos empregos", suliñou Martin, quen insistiu en que "podemos ter un problema grave para Vigo se non temos unha solución".

O director da fábrica de PSA en Vigo tamén apuntou que as previsións de produción para este ano oscilan entre os 385.000 e os 427.000 vehículos, e que xaneiro foi un mes "moi cargado", con actividade todos os fins de semana, e está previsto que febreiro tamén o será.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 A man que Abala o berce

Hai tedes os Syrizos Podremicos financiados polo sionista George Soros e paridos nos laboratorios do CNI na sua laboura de destruir unha das maiores fontes de emprego de Galiza, mentras apoian o vertedoiro de ENCE