Unha canción para ENCE inspirada en ‘O Padriño’, dos Poetarras

O grupo publica nova canción e vídeo titulados "Love theme from ENCE", unha adaptación da famosa 'Love Theme from the Godfather', de Nino Rota.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/02/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Os Poetarras, o grupo máis irreverente do panorama galego, volven á carga. Desta vez, cun tema dedicado á empresa papeleira ENCE, ubicada na ría de Pontevedra e envolta de novo na polémica tras a decisión do Goberno central en funcións de renovarlle a prórroga por 60 anos máis, decisión que mobilizou a miles de pontevedreses.

Os Poetarras interpretan 'Love theme from ENCE' fronte á fábrica papeleira.
Os Poetarras interpretan 'Love theme from ENCE' fronte á fábrica papeleira.

"Love theme from ENCE" é o novo tema dos Poetarras, unha adaptación de "Love Theme from the Godfather" (melodía orixinal de Nino Rota con versión vocal interpretada por Andy Williams) a cargo de Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde. O vídeo foi realizado por Pablo Lamosa. As alusións a 'O Padriño' e, polo tanto, á mafia, son máis que evidentes.

O vídeo foi gravado dentro dun vehículo, fronte á empresa papeleira.


Letra:
Estou sentindo o seu perfume embriagador 
coa forza dun olfato de mariscador 
esta mañá non me duchei 
pero esa nube disimula o meu olor 
o medio ambiente respira mellor 
aforro en auga e en desodor 

...ante. É que senón non rimaba. Desodor-ante.

A xente sempre cae na esaxeración 
é falso que provoque contaminación 
a quen vas crer? á poboación? 
ou aos do seu Consello de Administración 

Pois mira, por aquí pódense plantar uns alcolitos porque total non hai moitos por Galicia, non? E logo aproveitas e véndeslle a madeira e págancha moi ben porque creo que a pagan a 30 euros a tonelada que é un prezo magnífico e de paso pois contribúes á reforestación dos nosos bosques.

Non agradecen a decisión
de prorrogar a concesión

Sesenta anos ata nova solución
quizais aínda nos gobernen en funcións
dende Madrit fan un favor
cargando eles con la fiscalización

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta