Temas: ABANCA BANCA

Abanca ficha ao antigo director xeral corporativo de Kutxabank

Ignacio Sánchez-Asiaín incorpórase ao consello de administración de Abanca. Ten unha longa traxectoria no sector bancario, primeiro no BBVA e logo no BBK-Bilbao Bizkaia Kutxa.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/02/2016 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O consello de administración de Abanca aprobou este luns o nomeamento de Ignacio Sánchez-Asiaín como novo conselleiro independente da entidade, un executivo cunha longa experiencia no Kutxabank e no BBVA. Tras esta incorporación, o máximo órgano de goberno do banco está composto por nove membros: dous conselleiros dominicais, un executivo e seis independentes. "Todos os integrantes destacan polo seu marcado perfil profesional, ampla experiencia na xestión e unha dilatada traxectoria no mundo financeiro", apunta a entidade

Ignacio Sánchez-Asiaín, membro do Consello de Administración de Abanca
Ignacio Sánchez-Asiaín, membro do Consello de Administración de Abanca | Fonte: Abanca

Sánchez-Asiaín conta cunha longa carreira profesional no sector financeiro. A maior parte da súa traxectoria desempeñouna no grupo BBVA no que ocupou distintos cargos de responsabilidade desde 1995 ata 2007 (director de Mercadotecnia e Desenvolvemento Comercial, director de Desenvolvemento de Negocio Internacional, director xeral de Banca en América, director xeral de Banca Privada, director xeral de Sistemas e Operacións e director xeral de América do Sur), formando parte do comité de dirección entre 2001 e 2007.

En 2008 asume a dirección xeral de BBK-Bilbao Bizkaia Kutxa e en 2012 convértese en director xeneral corporativo de Kutxabank, asumindo a responsabilidade do Negocio e Unidades de Apoio do Grupo Kutxabank ata o ano 2015.

Sánchez-Asiaín conta tamén cunha ampla experiencia como membro dos consellos de administración de entidades como Euskaltel (2009-2012); Kutxabank vida e pensións (2009-2012); Banco Provincial de Venezuela (2006-2007); BBVA Chile (2006-2007); Banco Continental de Perú (2006-2007); BBVA Colombia (2006-2007); Direct Seguros e Reaseguros (2003-2004). BBVA Seguros e Reaseguros (2003-2005).

Ignacio Sánchez-Asiaín é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Comercial de Deusto e MBA con especialidade en Intermediación Financeira en The Wharton School - University of Pennsylvania. Ademais, Sánchez-Asiaín foi convidado, en representación da industria bancaria española, ás reunións do ‘High-Level Meeting for Single European Payments Area (SAIBA)’.

Temas: ABANCA BANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta