Temas: BNG UPG VENCE

Que se debaterá na asemblea que quere refundar o BNG?

"Autoorganización, autogoberno e autodeterminación" é o lema da XV Asemblea nacional do 28 de febreiro á que o Bloque acode co obxectivo de "refundarse". Sen embargo, hai dúas posturas enfrontadas; a maioritaria da UPG e o MGS, e a minoritaria do sectores independentes da fronte e que representan Vence, o colectivo Abrente, Alba Nogueira ou Tereixa Paz e Carme Adán. Algúns temen que se repita un "mini Amio".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/02/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Este 28 de febreiro o BNG vivirá unha nova asemblea histórica; a que marcará a súa refundación e que pode supoñer un antes e un despois nunha das organizacións políticas que ten marcado a historia de Galicia nos últimos 30 anos.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Os militantes do BNG terán que dar resposta a catro cuestións fundamentais: Reforma organizativa para dirimir se se mantén a estrutura de fronte, renovación e posta ao día do discurso do BNG, calendario da refundación, - “é dicir se debe facerse ao longo dun ano ou concluír o proceso antes do verán tendo en conta as eleccións autonómicas”- e, por último, a fórmula de concorrencia electoral.

Catro puntos sustanciais nos que non hai unanimidade. De feito, se teñen configurado dous bloques; un moi maioritario que representa a UPG e a súa escisión, o Movemento Galego ao Socialismo (MGS), os dous únicos partidos que quedan no Bloque como tal, e outro moito máis minoritario que representa o sector independente. Neste último están o voceiro nacional, Xavier Vence, o colectivo Abrente, os quintanistas, Alba Nogueira, que presentou un voto particular ao relatorio oficial e Tereixa Paz e Carme Adán, que presentaron conxuntamente outro documento.

Todos concordan no obxectivo de manter o proxecto nacionalista do BNG como "unha forza autoorganizada, autónoma e con perfil propio perfectamente diferenciado na defensa do país, que entende Galicia como unha nación, e defende o dereito de autodeterminación dos pobos". Tamén coinciden na "refundación" do proxecto nacionalista. Pero aí é onde están as fondas diferencias dos distintos proxectos.

Diferencias sobre a "refundación"

Desde a dirección, controlada pola UPG, apostan por manter o proxecto en solitario, sen ir en ningunha coalición nas xerais, e garantir unha opción nacionalista e de esquerdas que non estea subordinada ao ámbito estatal.

Xavier Vence con Miguel Anxo Fernández Lores nun acto do BNG
Xavier Vence con Miguel Anxo Fernández Lores nun acto do BNG | Fonte: DF

Pero Vence aposta por unirse a En Marea para evitar un novo desastre electoral, mantendo a identidade de cada organización. Unha postura que é a que defende o voto particular de Alba Nogueira.

Tamén o documen to de Carme Adán e Tareixa Paz, insiste nesta vía xa que cren que o BNG chegou a un fin de ciclo e necesita ser refundado. Por iso, tampouco descartan alianzas puntuais con outras forzas.

Con todo, esta dúas teses contan con poucos apoios no Consello Nacional e tamén na maior parte das asembleas comarcais. Por iso, é moi difícil que poidan ter acollida na asemblea do vindeiro 28, na que a maior parte da militancia refrendará a postura oficial. Sen embargo, o sector minoritario agarda que a UPG e o MGS poidan facer "certas concesións", aínda que todo dependerá dos resultados das votacións e se son ou non avultados.

Comparativas con Amio

“Todos e todas temos a convicción de que Galiza precisa un proxecto nacionalista e que este proxecto nacionalista precisa cambios. As diferencias están na profundidade e nos tempos deses cambios, sobre os que a militancia ten a última palabra”, indicou este luns Vence quen, a preguntas dos medios, desbotou calquera posibilidade de repetir o sucedido na asemblea celebrada en Amio.

Amio foi unha catástrofe, o peor que lle puido pasar ao nacionalismo nos últimos anos”, indicou Vence, quen amosou o seu convencemento de que “haberá debate pero sobre a base de que o proxecto nacionalista temos que construílo entre todos e todas”. O portavoz nacional asegurou que da asemblea nacional “ten que saír un BNG máis forte, con ideas máis claras, con vontade de recuperar espazo, presenza política e electoral, e con vontade de ser maioritario na sociedade”.

Sen embargo, neste contexto de división xa hai un grupo importante dentro da UPG e do MGS que aposta por unha ampla vitoria das tesis oficialistas para tentar rematar "dunha voz por todas" cos que consideran "posturas submarinas" de certos militantes, sobre todo, de quintanistas do colectivo Abrente e dalgunha xente afín a Vence. Por iso, algúns críticos non descartan que se repita un "mini Amio" e que un grupo de militantes acaben marchando, aínda que en menor número que entón. Algúns deles, como Ana Luisa Bouza decidiu darse de baixa antes da celebración da asemblea.

calendario

A XV asemblea nacional celebraese baixo o lema Autoorganización, autogoberno e autodeterminación. Calquera militante pode presentar emendas ao documento oficial e votos particulares, que chegarán ao Consello Nacional se superan o 50% de apoios nalgunha comarca.

Militantes e simpatizantes teñen tamén ata o 15 de febreiro para inscribirse, -requisito previo de cara a participar na asemblea nacional-. O día 20 será a última reunión do Consello Nacional antes do conclave no Palexco para facer balance e integración de todas as propostas que veñan das comarcas, que quedarán recollidas nun documento definitivo a debater na cita do 28 de febreiro.

A recepción de candidaturas a todos os órganos de dirección péchase o 22 de febreiro, e o 12 de marzo será a sesión constitutiva do novo Consello Nacional. Toda esta información está dispoñible na web do BNG.

Bieito Lobeira, Ana Miranda e Xavier Vence co líder de Syriza Alexis Tsipras
Bieito Lobeira, Ana Miranda e Xavier Vence co líder de Syriza Alexis Tsipras
Temas: BNG UPG VENCE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

5 Mareante

Debater? que atrasados están estes do Bloque, nas Mareas temos orgaos directivos capacitados para saber o que é o útil pra a cidadania, o que lle chamamos ben común, e non perdemos o tempo con debates estériles.

1 Comunista

Que patéticos sodes os trolls bloqueiros cando vos facedes pasar por xente das mareas...

2 KKE

jajajjajaja comunista de Potemos jajajaja figura, ti na loita de clases onde te situas? na clase turista? se che pillan os comunista de verdade te van a poñer morado algo mais que o circulo, por andar a insultalos.

3 Xandokas

O Comunista é loitador das clases VIP!!!

4 eusi

Ganas de perderen o tempo: os carneiros non queren e o resto espera certas concesións...farangullas para quedaren contentos até a próxima catástrofe nas autonómicas.

3 Xan Carallán

Moito auto cando en realidade so tienen cabeciña para pensar e andar como bois

1 Comunista

Auto..., auto..., auto. Mais que nacionalistas, parecen onanistas. Ou aut(o)istas.

2 Gamela

A disolución como único remedio... http://www.galiciaconfidencial.com/... (e as familias case mellor que non fagan política! o clan dos Nogueira)

1 antón de guizán

Vaise debater o que queira Paco Rodríguez, Pilar Garcia Negro e Bautista o do "Real Madrid"

1 gandalf

O mesmo que en Anova ou nas Mareas, que se fai o que din Beiras, Martiño e Yolanda.

2 Bladimiro

Tes razón, pero uns soben como a espuma e outros baixan sen parar

3 Gaitas do Nalón

Bladimiro. Acórdate de que todo o que sube baixa. Xa lle ocurriu ao propio bloque...

4 BREOGAN

.TESTIGO DIERECTO :SE QUERES TER PODER NO BNG TESTE QUE AFILIAR Á UPG SENON NON TES NADA QUE FACER.(SEINO DESDE DENTRO QUE ESTA AFILIADA)de independiente nada cARMEN ADAN.OU TE QUERES LARGAR PRA TREPAR NOUTRO SITIO OU ESPOUCO AGRADECIDA.os da upg dende oprimeiro cogreso do 77 sabemos aquen temos.Oproblema do bng foron os arribistas ,que hai varios, os que eu lles chamo OS COCIENCIA NACIONAL TEMPORAL. Se vos arrepentides e se vos pegou algo :ATRABALLAR NA BASE E MENOS SAIR NA FOTO.OS MOVIMENTOS SOCIAIS SO IMPREVISIBLES .animo! Algun dia venceremos VENCEREMOS