Cruce de acusacións entre a Marea Atlántica e o PSOE polo bloqueo dos orzamentos

A versión de Ferreiro é que os socialistas non queren negociar realmente, xa que non mandaron nin unha proposta en 53 días. O PSOE denuncia “deslealdade” por presentar o alcalde proxectos malia que non hai orzamentos aprobados.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/02/2016 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, amosou na mañá deste luns a súa “profunda decepción co paso unilateral do PSOE de querer suspender momentaneamente as negociacións dos Orzamentos municipais”, e chamou ao grupo socialista a “dar, no día de mañá, un sinal claro de que realmente hai vontade negociadora” pola súa banda. 

Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica
Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica

O certo é que PSOE e a Marea Atlántica non logran avanzar para aprobar as contas, o que obrigaría ao municipio a traballar cos orzamentos que aprobara o PP na lexislatura pasada. É máis, o cruce de acusacións está a subir de tono.

O Partido Socialista di que decidiu hoxe deixar en suspenso a negociación de orzamentos pola “deslealdade manifesta que veu demostrando a Marea Atlántica ao longo dos meses e que se agravou nas últimas semanas”. Os socialistas falan de “reiteradas advertencias desatendidas por parte do alcalde” . Con todo, fan un chamamento a que Xulio Ferreiro reconduza a situación e” poña sobre a mesa unha reformulación da relación entre ambos os partidos que garanta lealdade, o cumprimento dos acordos e o respecto á vontade maioritaria dos coruñeses e coruñesas”.

“A Coruña non pode seguir agardando a que o PSOE decida se quere ser útil para a cidade ou se vai seguir enredando nas súas cuitas internas e nas almas diversas que ese partido ten”, responde Ferreiro. O alcalde engade que “53 días despois, as propostas cuantificadas do PSOE para os Orzamentos son cero, como cero son os documentos por escrito que mandaron con propostas concretas”.

Pola súa banda, o PSOE considera “inasumible” que “o equipo de goberno néguese a explicar o destino final das partidas orzamentarias asignadas a cada área e, máis aínda, que leve a cabo presentacións sectoriais dunhas contas que non están aprobadas”. A próxima presentación dun plan de emprego do goberno local, mentres se negocian as partidas destinadas a emprego, é "a proba evidente de que Marea Atlántica considera a negociación un paripé que os socialistas non podemos asumir nin permitir”; argumentan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 eueu

O PPsoe segue sendo refén dos seus dirixentes mesetarios: mentres non haxa pacto en Madri o resto todo fica bloqueado....bloqueado? mira ti por onde, co Bng nunca teñen problemas para pactaren! Casualidades da política resesa

1 Artabra

Non sorprende que o partido do búnker, de Roldán e Barrionuevo, dos imputados Besteiro e Caballero poña atrancos aos únicos defensores dos agredidos. Igual fai en Santiago o 'ghuaperas' de Reyes e en Ferrol a recatada 'Eiquestalo'

1 Pastelao

O partido do bunker e dos GAL com o que queredes pactar em Madrid, não é?

2 Gaitas do Nalón

Conho e entón como é que estades choromicando por pactar en Madrid co PSOE, e encima non vos quere o que xa é penoso...

3 Un de Sada

E curioso. Os comentarios anteriores fannos xente que aopian a un partido que non tivo ningún problema en pactar co PNV e con CIU. Esquerda de toda a vida!!!.

4 Maino

Os comentarios darriba son os comentarios doentes dos que prefieren morder matando aínda que seca apoiando ao mismo diaño. Isa a altura moral ao que chegan os que se consideran a si mismo como nacionalistas con denominación de orixe.