Temas: PARO XUNTA

O 2016 continúa como rematou, con máis paro

Os desempregados volveron aumentar en xaneiro en 7.639 persoas, un 3,34% máis. A Xunta prefire tirar dos datos acumulados e destaca que, con respecto a xaneiro de 2015, hai 22.555 persoas desempregadas menos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/02/2016 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Hai uns días, o Goberno da Xunta sacaba peito cos datos da EPA que apuntaban a que Galicia rematara o 2015 con 41.100 persoas menos na lista do paro. Pero, unha vez máis, os datos do Ministerio de Emprego, sobre o número de desempregados no pasado mes de xaneiro volve deixar datos negativos para o país. Creceu un 3,34% , o que supón 7.639 persoas máis sen traballo.

Fileira diante dunha oficina do paro
Fileira diante dunha oficina do paro

Por provincias, o paro descendeu no dato interanual en todas elas, rexistrándose a maior baixada A Coruña, respecto de xaneiro de 2015, cun -9,37%; seguida de Pontevedra (-8,57%), Lugo (-8,54%) e Ourense (-6,97%).

Tamén aumentou no conxunto do Estado en 57.247 persoas e, sobre todo, entre os empregados procedentes do sector servizos (en 67.129 persoas), seguidos da agricultura (en 3.905); e reduciuse entre os da construción (en 4.821) e a industria (en 475). Así mesmo, o paro diminuíu entre o colectivo sen emprego anterior, en 8.491 persoas.

Sen embargo, e a pesar das cifras, a Xunta preferiu tirar dos datos acumulados e destacou que, con respecto a xaneiro de 2015, hai 22.555 persoas desempregadas menos. Así, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, insistiu en que Galicia mantén unha boa evolución interanual.

Sobre o novo aumento das cifras do paro destacou que foron debidas á finalización da campaña do Nadal, pero non tivo en conta que o pasado mes tamén comenzou a época de rebaixas, na que se soen contratar a máis persoas.

A responsable da Xunta suliñou que nos últimos dous anos conseguíronse subidas porcentuais inferiores ás do comezo da crise, o que evidencia que "estamos no camiño da recuperación económica".

Na evolución dos contratos, Galicia pechou xaneiro de 2016 cun 0,43% máis que hai un ano e, con respecto ás afiliacións, estas aumentaron nun 1,92% en comparación a hai un ano.

Temas: PARO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Quenlla

En promedio, con respecto a Decembro, Galicia minguou 15240 cotizantes á Seguridade Social. A Coruña minguou 5970 cotizantes, Lugo minguou 1515 cotizantes; Ourense minguou 1388 cotizantes, e en Pontevedra hai 6367 cotizantes menos á Seguridade Social. En Galicia hai 10814 cotizantes menos que no mes de Xaneiro do ano 2004. Datos no blogue académico: http://www.estoxo.blogspot.com.es/2...