Pacientes en corredores e demoras de oito horas nas Urxencias

O Sindicato O'Mega volve denunciar a "saturación" destes servizos e critica o Sergas por non ter aplicado “medidas máis eficaces” tras os colapsos do pasado ano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2016 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O sindicato médico O'Mega denunciou, unha vez máis, a "progresiva saturación" dos servizos de urxencias dos hospitais de Galicia, o que achaca a unha "falta de previsión" e a que os plans de continxencia postos en marcha "non se están aplicando ou non son eficaces".

Situación dos corredos de Urxencias do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
Situación dos corredos de Urxencias do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol | Fonte: @pepepenabranca

Nun escrito dirixido ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, O'Mega lamenta que "a deficiente xestión” da sanidade pública xera a acumulación "case constante" de pacientes "nos corredores, pendentes de atención"; demoras "de até oito horas" e que o funcionamento do servizo se dificulte coa presenza de persoas pendentes de ingreso.

“Iso demostra unha clara falta de previsión e organización, pola existencia de amas pechadas nos diferentes hospitais", indica. Por iso, solicita que se habiliten "todos os medios, tanto humanos como materiais," e, en especial, "todas as camas dispoñibles" para evitar que os servizos de urxencias  se convertan “nun gran depósito de pacientes e dificúltese o normal funcionamento dos mesmos".

Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense | Fonte: diariomedico.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta