A Xunta case que regala terreos para empresas de automoción

A Consellería de Infraestrutura ofrece prezos simbólicos nun parque empresarial de Mos.

Por Galicia Confidencial | Mos | 03/02/2016 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Todo o que xira en torno a industria da automoción en Galicia ten sempre un plus por parte da Administración pública. A presenza de PSA-Citröen en Vigo é un aliciente importante para impulsar un sector que depende case, exclusivamente, desta multinacional francesa. Por iso, a Xunta acaba de anunciar que case que regala terreos para empresas vinculadas a este sector.

Ethel Vázquez co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun Consello da Xunta
Ethel Vázquez co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun Consello da Xunta | Fonte: Xunta

Así, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou este luns que as empresas da automoción poderán acceder por un canon simbólico anual a 25 parcelas de 166.000 metros cadrados de chan industrial no parque empresarial da Veigadaña, en Mos.

Este parque empresarial ofrece 25 parcelas, ás que se poderá acceder de forma gratuíta o primeiro ano e a un prezo de pouco máis de dous euros por metro cadrado a partir do segundo.

Ademais dos empresarios da automoción, poden acceder ao chan nestas condicións os empresarios con proxectos que xeren certos niveis de investimentos ou que supoñan unha creación de emprego relevante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 85Kn

Non era sen Tempo.