De Lara prende ao xerente de Monbús en Pontevedra

A “Operación Cóndor” reactívase coa detención do xerente da empresa de transportes Monbús en Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 03/02/2016 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Guardia Civil de Tráfico apresou a F.J.L.G, , segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), durante o rexistro das instalacións da empresa na capital do Lérez.

López, dono de Monbús, canda Feijóo durante unha recepción ao Obradoiro, nunha imaxe da web da Xunta
López, dono de Monbús, canda Feijóo durante unha recepción ao Obradoiro, nunha imaxe da web da Xunta

Os axentes incautaron numerosa documentación tanto na sede da Estación de Autobuses como nos talleres da compañía en Lourizán, onde controlaron ademais a entrada e saída de vehículos.

Polo de agora descoñécese que pistas levaron a Pilar de Lara a ordear o rexistro e a detención. A xuíza do xulgado número 1 de Lugo xa mandara prender a 10 persoas na primavera o ano pasado, entre elas o máximo responsábel de Monbús Raúl López, que logo quedaron libes con cargos. 

Monbús xestiona dende hai anos numerosas concesións públicas en cidades e vilas como Santiago de Compostela -onde leva o servizo de deportes e os buses urbanos-, Lugo e Sanxenxo. Tras a posta en liberade de López, o seu grupo empresarial aumentou o seu investimento publicitario nos medios galegos, pero non a través da marca Monbús, senón a través das axencias de viaxe que controla. 

López foi presidente do Club Baloncesto Breogán de Lugo de baloncesto até xuño de 2010 e dende o 27 de outubro dese ano é presidente do Obradoiro CAB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta