En Marea e En Comú, a chave para un goberno de Podemos

A coalición galega e a catalá soben en intención de voto, mentres que Compromís baixa lixeiramente, segundo o CIS. Xuntos, coa formación de Pablo Iglesias, superarían ao PSOE, pero non se solucionaría a situación de bloqueo actual. Feijóo di que esta enquisa "coincide" coa que teñen os distintos partidos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/02/2016 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Do 1,63% que acadou nas pasadas eleccións xerais, a un 1,7%. A intención de voto para En Marea crece, segundo a nova enquisa do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), pero pouco. O máis salientable é que as entrevistas se fixeron a primeiros de xaneiro, é dicir, poucos días despois dos comicios do 21 de decembro, cando aínda non se sabía se En Marea tería grupo propio no Parlamento español ou se, como finalmente sucedeu, se integraría no de Podemos.

Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.
Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.

En Marea non é a única coalición de esquerda rupturista das que se presentaron canda Podemos que medra en intención de voto. En Comú Podem (Cataluña) pasaría do 3,69% ao 4,5%. Porén, Compromís-Podemos baixaría do 2,67% ao 2,5%

Podemos, por si só, apenas crecería do 12,67% acadado nos anteriores comicios, ao 13,2% na nova enquisa. Polo tanto, serían as candidaturas de Galicia e Cataluña, fundamentalmente, as que manterían as esperanzas de Pablo Iglesias de ser presidente do Estado, xa que todas xuntas, máis a valenciana —a única que retrocede lixeiramente— sumarían o 21,9% dos votos, máis que o PSOE, que baixaría do 22,01% que obtivo nas pasadas eleccións até o 20,5% que lle dá o CIS.

O PP, pola súa banda, mantense estable, pasando do 28,72% ao 28,8%, é dicir, os populares non son quen de mobilizar máis voto, pero tampouco perden. O mesmo lle pasa a Izquierda Unida, que pasa do 3,67% ao 3,7%.

No que se refire a Ciudadanos, a formación de Albert Rivera superaría nunha décima a Podemos —sen sumar as candidaturas de Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana—, acadando o 13,3% dos votos, pero baixaría levemente do 13,93% acadado nas eleccións de decembro de 2015.

Datos do estudo do CIS de xaneiro de 2016
Datos do estudo do CIS de xaneiro de 2016

O CIS non ofrece datos dunha candidatura do BNG ou Nós - Candidatura Galega.

Con estes datos, uns novos comicios non mudarían en nada o panorama actual de bloqueo e de incertidume que existe, polo que se presupón que o PSOE e os seus posibles socios terán que chegar a un acordo para a gobernabilidade.

Sobre esta enquisa xa se pronunciou o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo di que coinciden coas que teñen os distintos partidos. “Isto indica que pode acontecer que, quen sexa presidente do Goberno español poida ser o líder da terceira forza política. E isto sería inverosímil”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

12 ATAULFO

POR ISO ESTAMOS COMO ESTAMOS!........cando todolos -currantes- se percaten da posicio de cada quen,empezara´ realmente O VERDADEIRO CAMBIO,mentra moitos currantes sigan apostando polo capital, xa sabemos......

11 Independentista liberal-social

A esperanza galega non está nin en En Marea nin en BNG/Nós, está no galeguismo centrista ou liberal, xa sexa en Converxencia XXI ou nunha hipotética coalición de partidos de centro galeguista e rexeneracionista (CXXI, a á liberal de CxG, CG, PG...). Aquí vexo moitas discusión e faltas de respeto entre moitos dos opinadores (non en todo o mundo, por suposto), pero as diferenzas ideolóxicas son mínimas: todos ou case todos sodes nacionalistas galegos e socialistas. Lamentablemente (sexades de Podemos, Anova, BNG...), seguramente moitos de vós non condenades as ditaduras comunistas ou os réximes socialistas autoritarios actuais. Outra cousa son as diverxencias de carácter persoal ou a diferente visión sobre as alianzas preelectorais.

1 Independentista liberal-social

Vaia por diante que votei (voto "prestado") a Nós o 20-D polo seu galeguismo, asemblearismo e rexeneracionismo. Agora ben, o seu programa económico é case de extrema esquerda.

10 carapuchiña vermella

o rata de -vieiras ten que explicar o expañolismo o pactemos co pe$oe, xa din o que esta pasando cheira a rata podre... vemos como xente ignorante e merdeyana veñen a lucrarse da política como o monedeuros, o coletas, o vieiras, e outros que son agora deputados por podreiros, pero podreiros agora xa quer desfacerse do vello carcamal, mentiroso patoloxico, mitómano, mongoloide e demais flaquezas do bochepouco de LKI, todos sabemos que traballas para a fpg que lle vas a dar as papas de maceina o vello, agora pretendendes que un expañol de 86 anos siga traballando para o pp e para expaña! acaso non son reformistas e expañois a banda de merdeya sugrupo de podreiros!

9 LKI

"En Marea non é a única coalición de esquerda rupturista das que se presentaron canda Podemos que medra en intención de voto. En Comú Podem (Cataluña) pasaría do 3,69% ao 4,5%. Porén, Compromís-Podemos baixaría do 2,67% ao 2,5%". En resumo, os grupos que se manteñen unidos malia as cambadelas e boicots (o galego e o catalán) suben, e o que se non se mantivo unido (o valenciano) baixa. Hai que ver qué grandes estrategas son os "articulistas" do Sermos Mexuto que lle dicían a Anova que tiña que rachar En Marea e afundirse nas catacumbas do G. Mixto. Así lle vai ao BeNeGá con "estrategas" e "analistas" así.

1 Un trotsko, un piolet

E ti non eres trotsko? eres mais trotsko que o coletas, Errejón e Santiago Al-Barico xuntos. Quintacolumna, farsa, demagoxia, populismo... capisci? Trotskismo en estado pudo.

2 Comunista

Pois nada, se queres cazar trotskos, vai polos locais do BnG, que andan todos por alí: https://es.wikipedia.org/wiki/Inzar

3 Xaxaxa

A revolución permanentemente adiada e cousa da UPG. Buscade os troskos na UPG.

8 Eu non me mareo

¡Pero hai que ver na foto que ven lle aguanta o folio a Alexandra ao Errejón.! Xa empezan a ser útiles as paralamentarias das mareas .....

1 LKI

Que "ven" escribes en galego, blocallo. Mágoa que teñas que facer de trol podendo ser "paralamentario".