Un informe do Banco Mundial constata a burocracia para crear empresas en Galicia

Abrir unha empresa no país obriga a 10 trámites durante polo menos 19 días, segundo o informe "Doing Business in Spain 2015" do Banco Mundial.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 05/02/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou onte  a suposta “burbulla burocrática” na que di  vive o goberno galego e que "entorpece e mesmo impide o emprendemento empresarial". Así o dixo no debate dunha pregunta en Comisión na que aludiu ao informe Doing Bussiness, do Banco Mundial, sobre as limitacións á creación de empresas na Comunidade Autónoma.

Méndez Romeu
Méndez Romeu

O responsable socialista denunciou o desleixo do goberno galego para resolver os atrancos postos en solfa polo Banco Mundial e que sitúan a Galicia nunha “posición límite, especialmente negativa” á hora de crear empresas. A Xunta, dixo, “nin está mellorando en competitividade nin en innovación, e nin sequera parece existir unha estratexia do Goberno galego para axilizar os procedementos administrativos”.

Segundo datos dese informe que compilou o PSdeG, Galicia é a última Comunidade Autónoma en canto aos permisos de construción, a penúltima nos requisitos para a apertura de negocios e a número 13 nas relacións coas entidades de subministro eléctrico. Abrir unha empresa aquí, dixo, obriga a 10 trámites de a polo menos 19 días, e o Goberno do Estado obriga a 17 trámites administrativos cunha media de 10 meses.

Na relación co mercado eléctrico, nun lugar cun “practicamente monopolio de Gas Natural, son necesarios 8 trámites –fronte aos 3 de Alemaña-, 134 días –en Alemaña menos de un mes- e o custe quintuplica o de aquel país, onde hai 900 entidades que prestan enerxía eléctrica”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta