Feijóo considera xa pasado os insultos a Carmela Silva

O presidente galego non expulsará do PP ao edil que insultou a Carmela Silva, nin actuará contra a alcaldesa de Moraña por permitlo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, xa dá por finiquitada a polémica que rodeou esta semana ao ex tenente de alcalde de Moraña, o popular Jorge Caldas, e que acabou coa súa dimisión por cualificar á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como “mala zorra e sinvergüenza”.

Feijóo no Consello da Xunta
Feijóo no Consello da Xunta

Pregúntame vostede sobre o pasado”, respondeulle Feeijóo a GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “Non hai maior contundencia que presentar a dimisión e abandonar o cargo electo"  dixo ao ser preguntado pola reclamación de Silva, que dixo que non acepta as desculpas do cargo que dimitiu senón que quere máis contundencia por parte do PP.

A presidenta da deputación pediulle ao PP a expulsión do partido do xa exconcelleiro e tamén que a propia alcaldesa de Moraña, María Luisa Piñeiro, adquira "responsabilidades" por ser "cómplice" destes insultos, ao apoiar estas "barbaridades".

Tamén a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, pediu a expulsión do Partido Popular de Jorge Caldas. "Pedimos a expulsión do PP deste señor, que tendo un cargo público o que exerceu, así de claro, foi violencia verbal, que non é máis que outra manifestación da violencia de xénero", dixo nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Para ampliar o coñecemento de causa no tema da Seña Carmela: ...en estos 8 años la querida Carmela Silva, con múltiples cargos públicos... con un salario anual cercano a los 100.000 euros... siguió viviendo en una vivienda social que le otorgó el Concello de Vigo en 1990.... http://carlosprincipe.com/2016/01/2...

2 Gamela

Carmela Silva ten unha carreira fantástica (que ninguén se explica!) https://es.wikipedia.org/wiki/Carme...

1 Antinostrus

É que o da Silva é unha ma ri co na da comparado co Dereito de Pernada de Ourense...e o gachó dos Peares, como se tiver nai alieníxena- aínda que o mellor si pois que tén un aquel a Dna, Croqueta: xa sabedes: "mijo está casao con Galicia" -sen se dar por aludido nin nun nin noutro dos casos.......