Temas: CINEMA

Manuel Rivas escribe unha serie de TV sobre os narcos galegos

Globomedia, unha das produtoras audiovisuais máis importantes do Estado (Águila Roja, El Intermedio, CQC, etc.) e Ficcións Produccións (Hospital Real e Códice) filmarán nas rías galegas unha serie sobre os anos dourados do narcotráfico en Galicia.

Por GC Tendencias | Madrid | 05/02/2016 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Manuel Rivas, o autor máis popular da literatura galega contemporánea, narrará na súa primeira serie para TV, "Oeste", unha gran historia sobre o narcotráfico ambientada en Galicia. O escritor desenvolverá este proxecto en colaboración con Daniel Écija, un dos creadores de ficción televisiva máis recoñecido de España, segundo informa a produtora Globomedia.

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

Globomedia é un dos grandes nomes do audiovisual español. Entre as súas series de éxito estiveron Águila roja, 7 vidas,  Aída, El Barco, El internado, Los Serrano, Un paso adelante, Periodistas, Los hombres de Paco, Policías, en el corazón de la calle, Compañeros e Médico de familia.  Tamén lanzou programas como El Intermedio, El objetivo, Zapeando, El Club de la Comedia, Los mayores gamberros, 59 segundos, Sé lo que hicisteis..., El informal, Caiga quien caiga, ¡Qué me dices! o El Gran Juego de la Oca. 

A empresa informa que a serie, en fase de desenvolvemento, abordará o pasado e o presente do narcotráfico en Galicia, tomando como punto de partida a época dourada do narcotráfico nos anos oitenta e contando o rexurdimento nos últimos anos. A narración desenvolverase a través de personaxes que reflictan aos históricos do narcotráfico e tamén do presente. Globomedia promete que "Oeste" presentará un retrato naturalista do narcotráfico e dos seus protagonistas a ambos os dous lados da lei. "Un mosaico de personaxes verosímil ao redor dunha actividade delituosa que permaneceu durante moitos anos impune", asegura.

Manuel Rivas definirá un universo de personaxes que terá como referencia "Todo é silencio" -novela editada por Rivas en 2011 e que aborda a vida na costa galega e o salto do contrabando ao narcotráfico- e que, desde a proximidade coa realidade, permitirá coñecer ao gran público un dos fenómenos delituosos máis importantes e con máis repercusión da historia. Con varias das súas novelas adaptadas ao cinema ("O lapis do carpinteiro", "A lingua das bolboretas"), Rivas penetrarase nun mundo que coñece moi ben, como xornalista que seguiu a actividade do narcotráfico e como novelista que utilizou este argumento para un dos seus libros.

A serie rodarase nos mesmos espazos naturais nos que ocorreron os feitos fundamentais do narcotráfico en Galicia. As rías galegas terán un protagonismo fundamental nesta ficción como o teñen na realidade do narco.

Sito Miñanco
Sito Miñanco

Ademais de Globomedia, "Oeste" contará coa participación de Ficción Producións, empresa galega e con longa experiencia no desenvolvemento de proxectos ambientados e rodados en Galicia como "Códice" e "Hospital Real".

Manuel Rivas
Manuel Rivas | Fonte: cuaderno10.com
Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Marcialinho

Espero que non se olviden de Don Manuel e algúns alcaldes, presidentes metidos no futbol e secretarios xerais moi "galleguistas"

4 Marcial

Vai participar Núñez Feijoo?

3 ixtlan

E figurará o Presidente da Xunta entre os actores convidados a participar na serie, para facela máis verosímil? Se Cuéntame convidou a Carrillo e puxo a Suárez na trama, Oeste debería contar con Feijoo, e debería haber un iate de narco polo medio. Todo sexa pola credibilidade da historia... Mesmo a banda sonora está gravada: https://www.youtube.com/watch?v=Ort...

2 carapuchiña entroideira

o mellor será deixar os expertos dirixir e patronear con soltura o timon de mando do barco, sabemos dos expertos chamados PEPEIROS, como frijoles e demais satrapaia, coñecen ese mundo, coñecen esas rutas de navegación, como introducir a mercaduría, como chegar un bo porto para vender na lonxa o peixe e o que trae o peixe... mellor deixar os negocios en maos con experiencia, con bagaxe cultural ... o que non se pode e pasarlle o timon de mando a grumetillos como o vello -vieiras que son policonsumidores de pirulas de fármacos tipo tranxiliun, haloperidol, prozac, dos cocteles reafirmantes do carácter, tristes persoaxes caídas nese mundillo... un-ha persoa asi non da garantía ... o negocio non pode funcionar... non se pode estar e consumir... ASI NON! GALIZA PARA OS GALEGOS, EXPAÑOIS ENVELENADORES DE IDEOLOXIAS AVERIADAS FORA DA NOSA PATRIA!

1 eusi

E ti non te esquezas da tua medicación que cando se che pasan os efectos a baba e a bile afectanlle a o teu cerebro diminuto, e se che seca a ultima neurona que che queda xa podes entrar no Bnjajaja e asesoralos para a proxima campaña das autonómicas

1 Fariña na marea.

Non vexas, somos a Sicilia da Expaña borbónica neo franquista. Galiza power.