Comeza a guerra no PP de Lugo

Elena Candia disposta a facerse coa dirección provincial co apoio dos barreiristas. En fronte pode ter a Raquel Arias, mellor vista na Xunta e na dirección galega.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 05/02/2016 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O PP de Lugo inicia unha guerra. Unha guerra que pode rematar nun acordo pacífico ou nunha contenda virulenta. Todo depende da vontade dos contendentes e, sobre todo, do bo facer do líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, e do quen ata agora era o presidente provincial do partido, José Manuel Barreiro.

Elena Candia e José Manuel Barreiro nun acto en Lugo
Elena Candia e José Manuel Barreiro nun acto en Lugo | Fonte: xornaldelugo.com

Precisamente, a decisión de Barreiro de deixar o cargo logo de 14 anos abre a incertidume no PP de Lugo. O voceiro no Senado dixo que marcha para deixar paso á renovación, unha renovación que tamén se quere dar no PP da Coruña e no de Pontevedra, pero que pode rematar con fracturas imprevistas.

E é que en Lugo, a marcha de Barreiro abre o camiño a dúas candidaturas, a do tandén Elena Candia-José Manuel Balseiro ou a de Alfonso Villares-Raquel Arias. A primeira, alcaldesa de Mondoñedo e ex presidenta da Deputación de Lugo durante tres meses, conta co aparato do PP de Lugo. De feito, José Manuel Balseiro é a man dereita de Barreiro na provincia. Pola súa banda, na segunda están a delegada da Xunta na provincia e o alcalde de Cervo e conta co apoio do sector máis afín a Feijóo e á dirección do PP galego.

De feito, Candia e Arias poden repetir a mesma guerra que xa se deu hai uns meses para elixir á candidata do PP a presidir a Deputación de Lugo. O sector de Barreiro apoiou á segunda, e o de Feijóo á primeira. Finalmente impúxose Candia, que acabaría presidindo, de rebote, a institución provincial. Un feito co que ten gañado peso no partido e na provincia.

Precisamente, a portavoz do grupo provincial do PP provincial anuncia este venres a súa candidatura tras celebrar nas últimas horas varias reunións con diferentes membros do PP de Lugo para perfilala. O seu obxectivo é tentar dar "continuidade ao proxecto" político de Barreiro. A súa lista pode sumar a outro dos pesos pesados do partido en Lugo, o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, co que tamén se reuniu a portavoz provincial nas últimas horas.

Negreira, Raquel Arias e Núñez Feijóo nun acto do PP
Negreira, Raquel Arias e Núñez Feijóo nun acto do PP | Fonte: ppdeg.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Santiago

Si o BNG e moitos máis partidos ou frontes houbesen argüido unhas redes corruptas tan ensambladas dentro do aparato do partido hoxe estaría prohibido ese partido. Sería ilegal. Non tenho nin a menor dúbida. Si o PP e legal é porque forma parte do stablishment que el mesmo creou. Eu optaría por unha campanha de ilegalización do PP pero grande. Con todos os medios ó noso alcance.

1 Lucus

Un pouco de respecto polos mortos. Luis Carrera faleceu hai uns anos. Non todo vale, aínda que sexa contra o PP.