No SERGAS hai que esperar máis para as operacións serias

O tempo de espera aumenta tanto en prioridade 1 como en prioridade 2. O mediodía e as sete da tarde son as horas a evitar para esquivar os colapsos en urxencias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/02/2016 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O tempo medio de espera cirúrxica para os pacientes en prioridade 1 situose,  a 31 de decembro de 2015, en 19 días. Son 2,2 días máis da espera para estes doentes no SERGAS en 2014. No tocante aos pacientes con patoloxías de prioridade 2, o tempo medio de espera foi de 56 días, 6,4 días máis que en 2014.

Exterior dos quirófanos do Álvaro Cunqueiro
Exterior dos quirófanos do Álvaro Cunqueiro | Fonte: Vigoalminuto

Malia este dato, o servizo público presentou esta mañá unha visión optimista das listas de espera.  O SERGAS tira da cifra que engloba a todos os pacientes e destaca que  a espera media cirúrxica global para ser operado en Galicia no 2015 foi de 78,8 días, preto de 2 días menos que o ano anterior.

Por outra banda, o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, asegura que todo está preparado para o previsíbel repunte de casos da gripe. Fernández Campa afirma que hai camas dabondo en todos os hospitais, que se abren cando son necesarias e quen  todos os hospitais teñen plans de continxencia para este suposto.

O directivo informou en rolda de prensa que os luns son e os martes son os días nos se atenden máis urxencias. As horas máis demandas son as próximas ás sete da tarde e ás doce do mediodía. No 2015 atendéronse un total de 970.037 urxencias hospitalarias, o que supón 8.695 máis que no 2014. A porcentaxe de urxencias ingresadas situose no 17,30%.

Polo que se refire ás urxencias en atención primaria (Puntos de Atención Continuada), no 2015 acadaron un total de 1.500.343, o que supón 52.867 máis que no 2014, delas o 8,82% foron derivadas aos hospitais.

Quirófano do Álvaro Cunqueiro, o novo hospital de Vigo
Quirófano do Álvaro Cunqueiro, o novo hospital de Vigo | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 eusi

Tamén nas especialidades e probas en xeral. No meu caso resonancia magnética máis de 2 meses esperando, e conto con que me chamen antes do verán con sorte. Así que a proxima cita co especialista tal vez despois das eleccións: e botaranlle a culpa ao novo goberno!

1 Gamela

Mira que teñen traballo, mareando os números pasan a vida... Cabróns!

1 Gamela