Sorprenden a un taxista conducindo con resto de porros no organismo

1000 euros e a detracción de seis puntos no crédito do seu permiso de conducir é a multa que lle pode caer, unicamente pola vía administrativa .

Por Galicia Confidencial | Oleiros | 06/02/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Durante un servizo de vixilancia e seguridade viaria, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil interceptaron en km. 2.800 da AC-221 (San Pedro de Nos-San Tirso de Mabegondo), termo de Oleiros, ao condutor dun vehículo taxi, con presenza de THC no seu organismo. Os resultados foron obtidos tras ser sometido á proba de detección de drogas por medio da saliva.

Imaxe de recurso dun control da Guardia Civil
Imaxe de recurso dun control da Guardia Civil | Fonte: outisnn wikipedia

Todo iso sucedeu ao sorprender ao referido taxista conducindo sen utilizar o cinto de seguridade nunha vía interurbana. Ao cometer unha infracción á normativa de Seguridade Viaria, todo condutor está obrigado a someterse ás probas de detección de alcol e drogas Esta persoa dirixíase a recoller un cliente que solicitara os seus servizos.

Debido a que o condutor muestreado non presentaba síntomas de conducir baixo a influencia de drogas tóxicas, senón que circulaba con rastro deste tipo de sustancias no seu organismo, formulóuselle unha denuncia por infracción administrativa moi grave á Lei de Seguridade Viaria, o que leva unha multa de 1000 euros e a detracción de seis puntos no crédito do seu permiso de conducir. O vehículo quedou inmobilizado no lugar dos feitos ata que outro condutor habilitado fíxose cargo para poder continuar en servizo público, informa a Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta