Lara pide a Díaz que deixe o grupo de Podemos e vaia a un de Izquierda Unida

O coordinador de IU cede despois de que Garzón cualificara a proposta de “irresponsabilidad política”. En Vilagarcía reclaman a expulsión da deputada galega se continúa no grupo Podemos-En Común-En Marea.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 06/02/2016 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Cayo Lara pediu este sábado no Consejo Político Federal de Izquierda Unida que tres deputados abandonen o grupo parlamentario de Podemos. O dirixente lanzou un ultimato, que finalmente retirou no texo final, aos candidatos de IU que se presentaron polas mareas en Galicia (Yolanda Díaz) e Cataluña (Joan Mena e Félix Alonso) .

Cayo Lara
Cayo Lara | Fonte: republica.com

Cayo Lara advertiu das consecuencias para a viabilidade económica da coalición. O coordinador dixo que necesitan o grupo parlamentario como “agua de mayo” se queren aspirar a representar ao “millón de personas” que votaron por IU e as coalicións nas que participou das citadas autonomías. Así e todo , e tras comprobar a forte oposición entre os seus compañeiros, retrocedeu e aprobouse unha resolución xenérica, que non sinala a ninguén, para que IU siga a traballar para ter grupo parlamentario. 

Previamanete, a proposta fora rexeitada de fronte polo líder de Izquierda Unida no Congreso, Alberto Garzón. O deputado cualificara a proposición do seu coordinador como de “grave irresponsabilidad política”. Garzón alertara que tal proposta dificultaría chegar a unha coalición no caso dunhas novas eleccións xerais e, ademais, aproxima o risco de división na propia IU.

No país, a postura incial de Calyo Lara fora defendida publicamente antes, incluso indo un paso máis alá. Segundo informa La Voz en Arousa, o consello político desta comarca pediu a expulsión de Yolanda Díaz, alegando que a integración noutro grupo parlamentar diferente dos constituídos por IU e as súas coalicións era causa da aplicación do réxime disciplinario. 

Yolanda Díez, deputada e líder de Esquerda Unida
Yolanda Díez, deputada e líder de Esquerda Unida | Fonte: P. Gallego
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Garabanzo Negro

Agardando polo cachiño de tarta que lle prometeron Yoli e Pablo o verán pasado , Garzón actúa.

2 sesese

Aquí cada quen anda a sua conveneniencia personal. Chavistas incluidos

1 Moral

Carmen Da Silva e Anxos Riveiro con vida laboral "entregada"ao Concello de Pontevedra, defenderán dentro do BNG o recado da UPG: cambiar a normativa, que non cumplen, do limite de tempo en cargos institucionais marcado nos estatutos do BNG. Estas loitadoras levan 17 anos con grande nomina e nivel 27.

1 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer para saber se queredes que voltar estea admitido ou non. Podedes participar en: https://estensiondogalego.wordpress...