Moción de censura de PP e independentes en Noia

Os dous deputados independentes de NO.I.A respaldan a moción de censura que rexistraron canda o PPdeG estes venres no rexistro do Concello.

Por Galicia Confidencial | | 06/02/2016 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O 17 de febreiro celebrarase en Noia a moción de censura contra o goberno socialista. Os socialistas de Noia culparon hoxe do sucedido a Marisol Villar, unha das edilas independentes. 

Marisol Villar Ageitos nunha imaxe electoral
Marisol Villar Ageitos nunha imaxe electoral

Nas pasadas eleccións o PPdeG gañara con oito concelleiros; pero goberna o PSdeG, con catro representantes, grazas a que a Marea sacou dous e un o BNG. Con esta aritmética, NO.I.A ten a capacidade de cambiar a cor do goberno municipal.

Dende as filias socialistas destácase que nas xuntas de Goberno  os dous independentes “nunca votaron nada diferente a o que propuso o alcalde". Deste xeito, o PSdeG cre que é evidente que hai “intereses ocultos movendo a moción de censura”.

Pola súa banda, dende N.O.I.A apúntase a que houbo un cambio de criterio por problemas de xesión, xa expresado no abandono do goberno primeiro dun representante e despois dun dos tenentes de alcalde. Segundo recolle Faro, o PPdeG indicou que levaban días con negociacións para buscar coincidencias en aspectos programáticos e no organigrma da corporación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lailo

Deputados nun concello? que será o próximo, concelleiros no Parlamento?