EU cre que romper coas confluencias sería situar intereses de partido por riba do pobo galego

A Executiva que lidera Yolanda Díaz toma o bando de Alberto Garzón e contra o ultimato, finalmente retirado, lanzado por Cayo Lara.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/02/2016 | Actualizada ás 23:19

Comparte esta noticia

Esquerda Unida en Galicia non se aparta de En Marea e dunha posíbel confluencia para as galegas. A executiva de EU destaca o éxito electoral de AGE primeiro e despois , de En Marea para posicionarse en contra da postura defendida este sábado inicialmente polo coordinador xeral. 

Executiva de EU reunida en 2013
Executiva de EU reunida en 2013

Cayo Lara pediu aos deputados de Galicia e Cataluña que deixaran o grupo que comparen con Podemos e outros candidatos das confluencias. Na reunión estatal en Madrid incluso marcou un prazo, que finalmente non cumpriu, para que tomaran a decisión de marcharse a un novo grupo, a crear canda os dous deputados de EU. Do contrario, advertiu que a viabilidade económica da coalición está en xogo, incluso cun ERE que polo de agora afectaría ao 60% dos traballadores.

Este serán a Executiva galega emitiu un comunicado respondendo no que promete que nunca deixará unha proposta que desfaga os lazos da confluencia no país. EU Galicia cre ademais que a oferta de poder configurar agora un grupo propio provén do PSOE e forma parte da estratexia dos socialistas para atraer a IU a unha coalición de goberno.

A dirección galega toma partido así pola posición do líder no Congreso. Alberto Garzón advertiulle a Lara que o seu ultimato podía impedir unha coalición no caso de repetirse as eleccións e mesmo a posibilidade de que IU rachara. Lara retirou a esixencia e a resolución adoptada ao fin só fai un chamamento xenérico a seguir traballando por ter grupo de seu.

Ante esta situción, Executiva Nacional de EU promete que traballará “na mesma liña” que até agora para as galegas. Engade que calquera outro camiño, como o proposto polo coordinador, significaría “situar intereses partidistas por riba da xente e, neste caso, o pobo galego”.

Cayo Lara
Cayo Lara | Fonte: republica.com

Alberto Garzón nunha reunión de Izquierda Unida
Alberto Garzón nunha reunión de Izquierda Unida
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

10 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer para saber se queredes que se escriba con lh (olho) ou ll (ollo). Podedes participar en https://estensiondogalego.wordpress...

9 Tarnia Desfachatez

A fidelidade ao partido durou tanto, coma durou a operatividade das tarxxetas opacas.

8 altruismo de aGETAS

Pois se é por min...que non se tomen tantas molestias, poden poñer os intereses de partido, por riba dos do pobo galego. Xa sabemos que cun patrimonio de 370 euros na cartilla, non teñen necesidade ningunha de adicarse a política, tampouco é cousa de abusar, de tanto altruismo.

1 Trocomotxo

Moi bo. Ja, ja, ja.... Estes como xa teñen a vida resolta podemos confiar neles. Os 370 euros serían do risga ou de "traballar"? É que me queda a dúbida.

7 Garabanzo Negro

Toda esta trapallada é o resultado das reunións no" palacio de inverno "do gran lider P.Iglesias . Reunión que tivo lugar o verán pasado e na que repartiron o pastel Garzón , Yoli e Pablo .Reunión clandestina , de costas á dirección de IU e , por suposto , da militancia . Da moito noxo , esta muller .

6 Comunista

Problemiñas noutras casas. O consolo do bloqueiro. Coitados...