Temas: RANDE VIGO

Piden a creación dunha vía para camiñantes e ciclistas na Ponte de Rande

Unha iniciativa en Change.org compara esta ponte co Golden Gate de San Francisco, onde se pode cruzar a pé e en bicicleta. Reclama tamén crear un restaurante e un miradoiro na zona central.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/02/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Unha iniciativa na plataforma Change.org reclama que a reforma da Ponte de Rande inclúa a creación dunha vía peonil e unha vía ciclista e unha zona de descanso con restaurante e mirador no medio da ponte.

Recreación da Ponte de Rande cunha pasarela para peóns e ciclistas
Recreación da Ponte de Rande cunha pasarela para peóns e ciclistas

Esta infraestructura está en fase de remodelación para crear dous novos carrís, un en cada dirección, debido a densidade de tráfico que soporta. Por iso, e aproveitando esta situación, esta petición reclama que se teñan en conta a camiñantes e ciclistas.

"E xa metidos en obras, por que non achegar aínda máis ambas as beiras da ría e comunicar por vía peonil ambas as marxes, posibilitando un traxecto a pé e en bicicleta e dotando á  ría de Vigo dun miradoiro privilexiado?", pregúntase.

De feito, compara Rande co Golden Gate, sobre a baía de San Francisco, e suliña que este último pódese cruzar a pé ou en bicicleta. "Por que desperdiciar esta oportunidade de facer o mesmo na nosa ponte?", engade.

Deste xeito, di, sería posible pasear entre ambas as marxes da ría, gozar dunha paisaxe impresionante e recuperar para o goce da cidadanía as zonas que se atopan baixo a ponte e as súas proximidades, "habitualmente marxinadas, sucias e deshumanizadas".

A iniciativa que xa ten preto de 3.000 sinaturas, tamén apunta a posibilidade de crear unha cafetaría con miradoiro e área de descanso no tramo central da ponte. E, aínda vai máis alá; "unha pista de baloncesto baixo as piares da marxe sur da ría, Unha pista de Skate... As posibilidades que se ofrecen son enormes, cun pouco de imaxinación e vontade".

Temas: RANDE VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 naveirinhadomar

E, de paso, que se libere xa da concesionaria, ó tempo que se lle pode engadir, co terreo xa afectado, un carril máis (alternativo nunha ou noutra dirección)