Temas: MAR

Un barco cheo de produtos químicos e gasolina desviado a Fisterra

O buque, procedente de Turquía, ten 16 tripulantes a bordo, ten problemas na máquina.

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 08/02/2016 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

O mal tempo no mar, con ondas que superan os nove metros, pode estar detrás dos problemas xurdidos nun barco cargado con produtos químicos e gasolina que tivo que ser remolcado ao porto de Fisterra.

Mapa do Don Inda ao carón do Husey David
Mapa do Don Inda ao carón do Husey David | Fonte: marinetraffica.com

O remolcador Don Inda foi o encargado de auxiliar ao "Huseyn Javid", procedente de Turquía e con destino Amsterdam, tras alertar sobre a unha e media da madrugada a Salvamento Marítimo dunha incidencia na maquinaria, cando navegaba a 27 millas do cabo Touriñán.

Nestes momentos atópase xa preto de Fisterra, onde Salvamento di fondeará para reparar este problema. O barco ten 16 tripulantes a bordo. O remolcador Don Inda vixíao de preto por se ten que botarlle un cabo.

Huseyn David
Huseyn David | Fonte: fleetmon.com
Temas: MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer para saber se queredes que se escriba con lh (olho) ou ll (ollo). Podedes participar en https://estensiondogalego.wordpress...