Temas: PSOE I+D

O PSdeG propón un plan para o retorno de 600 talentos en I+D+i

Abel Losada di que o programa Oportunius da Xunta, que pretendía recuperar talento novo, ten como obxectivo sacarse "fotos".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/02/2016 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O retorno de investigadores e persoal directivo especializados en I+D+i de Galicia que tivo que emigrar por falta de oportunidades en Galicia será debatido no pleno galego da vindeira semana.

Investigadora nun departamento de I+D+I
Investigadora nun departamento de I+D+I

Os socialistas, a través do seu portavoz de Economía e Industria, Abel Losada, presentaron este luns un plan para o retorno de 600 talengos galegos. Un plan que pretende romper co actual modelo económico do goberno do PP, que considera baseado en "competir vía salarios" e que xera "precariedade laboral" e "poucos resultados".

Losada cualificou como "fracaso" o programa Oportunius da Xunta de Galicia, que pretendía recuperar talento novo e no que o deputado socialista ve afán de sacarse "fotos".

Por iso, o PSdeG presentou este plan, que contaría cunha dotación orzamentaria de 90 millóns de euros, repartidos durante o catro anos de duración, unha cantidade que Losada considera asumible, xa que, como subliñou, hai fondos destinados a I+D+i que non foron investidos.

O portavoz socialista incidiu na necesidade de "competir vía innovación" para combater datos como o aumento do número de fogares sen ningún tipo de ingresos, que xa son aproximadamente 100.000, ou a diferenza cada vez maior cos indicadores españois, entre os cales sinalou a afiliación á seguridade social ou o crecemento interanual do PIB. "Estes datos supoñen a réplica ao discurso triunfalista do Executivo galego e demostran que a brecha que separa a Galicia de España"está a agrandarse", concluíu.

Temas: PSOE I+D
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta