Temas: BNG UPG

Abrente pide a refundación do BNG e a confluencia con En Marea

O grupo de Aymerich presenta unha Enmenda de Totalidade do Relatorio aprobado polo Consello Nacional do Bloque na que pide que se supriman os partidos que o integran e que se designe unha xestora provisional para refundar a organización e acadar unha alianza electoral.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 08/02/2016 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

O BNG atravesa unha "situación de emerxencia". Unha situación que merece un cambio radical da formación frontista. Este é o punto de partida dunha Enmenda á Totalidade do Relatorio que o Consello Nacional do BNG aprobou para a súa discusión na Asemblea Nacional que se celebrará a finais deste mes. Unha enmenda contundente impulsada polo colectivo Abrente que pide abertamente unha refundación da organización e unha confluencia electoral con En Marea.

Aymerich valora os resultados das pasadas eleccións galegas
Aymerich valora os resultados das pasadas eleccións galegas

Neste documento, ao que tivo acceso GC, Abrente lembra que se o BNG repite os resultados das pasadas xerais ( o 4,3% dos votos), quedará sen representación na Cámara galega. Uns resultados polos que, lembra, a actual dirección nin dimitiu, nin fixo autocrítica. "Mais isto non é o máis grave: O realmente preocupante é que a dirección do BNG semella incapaz de oferecer unha análise política minimamente seria ou, cando menos, de dar algunha explicación que non sexa botar a culpa aos votantes, a outras forzas políticas ou a un sistema mediático pouco afín ao nacionalismo", apunta.

Por iso, Abrente propón que esta AN se celebre como extraordinaria, de forma que non se escolla portavoz nacional e que, en vez de Executiva e de Consello Nacional, se designe unha xestora provisoria que teña como obxectivo acadar dúas encomendas. A primeira, no plano electoral, "iniciando de imediato" as xestións conducentes á confluencia electoral con En Marea e a constitución dunha candidatura unitaria de esquerdas e nacionalista para as próximas eleccións galegas.

A segunda, no plano político-estratéxico, dando os primeiros pasos para a refundación do nacionalismo de esquerda en Galicia e, polo tanto, non recoñecer aos colectivos e partidos no seo do BNG e superar a estrutura frentista "que asume como natural a existencia de partidos-guía ou de vangardas organizadas", en alusión á UPG, o gran partido que hoxe domina o Bloque.

O grupo que lidera Aymerich considera "urxente" esa confluencia electoral para "expulsar do goberno ao PP". "Sabemos que hai contradicións entre os diferentes proxectos presentes no seo de En Marea. A principal: a que existe entre un proxecto centrado no país, representado por Anova e a maioría das “mareas” municipais, e outro deseñado en clave española", apunta.

Público nun acto de Abrente
Público nun acto de Abrente

Sen embargo, tamén lembra que distintos grupos --incluídos algúns que están en En Marea-- foron quen de conviver no seo do BNG durante 34 anos. "E non seremos quen de acordarmos un programa de mínimos para as próximas eleccións galegas? Se actualmente gobernamos co PSOE tres das catro Deputacións provinciais sen conflitos aparentes, acaso non seremos quen de partillar o goberno galego con forzas coas que, a priori, as diferenzas son ben menores?", pregúntase.

Neste sentido, advirte que, para evitar que a confluencia volva fracasar, "cumpre oferecer e esixir probas de boa-fe". "Cumpre, en concreto, abrir unha nova xeira de cooperación entre o BNG e o espazo das Mareas nas institucións onde un e outras partillamos representación: nos gobernos municipais, nos gobernos provinciais e no Parlamento galego", sinala. "Só deste modo, demonstrando na práctica diaria que o traballo conxunto é posíbel, poderase construír unha confluencia real através dunha candidatura conxunta", engade.

Para conseguir estes obxectivos, Abrente considera "imprescindíbel" a refundación do nacionalismo de esquerda e poñer fin ao modelo frentista actual do Bloque. "Do mesmo xeito que os mozos e mozas que nos anos sesenta do século pasado refundaron o nacionalismo galego non optaron por reviver o Partido Galeguista da II República (sen por iso renegaren da súa herdanza), hoxe debemos recoñecer que o ciclo político do BNG rematou e, con el, o das organizacións (Abrente, UPG, MGS) que del fan parte", insiste.

Por iso, propón que a xestora que saia desa Asemblea Nacional do BNG inicie "de imediato" contactos con todas as organizacións (políticas, sociais, sindicais) e persoas individuais que se reclamen nacionalistas "con vistas a construír unha nova organización política unitaria e democrática para o nacionalismo de esquerda".

Temas: BNG UPG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

10 antón de guizán

Todos os que bailaron ó son da UPG e grazas e iso foron deputados e alcaldes, agora non ven posibilidades de seguir pillando cacho e se queren apuntar a En Marea

9 Manoliño

Que se vai reflotar o BNG coa axencia UPG a un lado e os radicais stalinistas do MGS no outro?

8 Próculo

Ao Bloque non hai quen o reflote ... perdón ...refunde.

7 Galego

Se o BNG conflue com Marea ou Podemos nom quedara na Galiza um partido propio que seja exemplo de auto-organizaçom. Isso significaria um passo atras moi importante no que e o peso da Galiza dentro do estado e no mundo, o nacionalismo maioritario estaria rendendose de facto ante o estado espanhol. Que necesitam refundarse e claro, ao nom deixar medrar a juventude dentro do partido durante anos fixeronlhe parte do trabalho as Mareas e demais partidos estrangeiros.

1 Comunista

Como podedes falar de autoorganización cando todas as decisións políticas do Bloque están completamente condicionadas polos seus pufos coa banca española e polos favores que deven? Tan só hai que ver como actúa o Bloque no Concello de Pontevedra, rendíndolle pleitesía á burguesía local e á OTAN. http://www.diarioliberdade.org/gali...,-do-bng,-quer-a-brilat-desfilando-em-ponte-vedra-no-50-anivers%C3%A1rio.html http://www.diarioliberdade.org/gali...

2 Chuvichuva

Pois igual que Ferrín rendindo pleitesia vía RAG ou a vosa camarada Alexandra reuníndose coa casta mais casta de todas, por non falar da vosa pleitesía ao PCG que tentou durante décadas destruir o soberanismo galego. Pregunta: Como a vosa concelleira independentista-marxistaleninista vai traballar para mudar o sistema se cobra do sistema?

3 Galego

Comunista e Chuvichuva, eu nom tenho rem, eu nom som membro do BNG e fai decadas que nom lhes voto. Que no BNG houbo e ha moito cantamanhanas (Beiras o primeiro) e normal, somos humanos, todos temos rarezas e cagamo-la de vez em vez. Isso nom tem que ver com que o unico partido galego com presenza no parlamento pense em juntarse cum grupo estrangeiro (Podemos) em vez de fazer umha regeneraçom real. Isto cheira a que os que estam moi arriba do bloque pensam vender o seu sentido de Pais com tal de seguir cobrando no parlamento. https://www.youtube.com/watch?v=gRS...

6 chovichová

home Chovi, moito falas do BNG mais a tua parceira bescansa collidiña da mao de inda na sexta, defende a entrada en prision dos titiriteiros iso sin que é roturismo y la F calladita el caso es cobrar del parlamento!!!