Un falecido e varios feridos nunha explosión de gas en Vigo

Afectou a varios pisos do número 6 da rúa San Salvador.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/02/2016 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou falecida e varias feridas nunha explosión de gas en Vigo, segundo informan fontes policiais.

Rúa San Salvador, en Vigo
Rúa San Salvador, en Vigo

O estoupido tivo lugar nun domicilio particular da rúa San Salvador contra as 8.50 deste mañá e afectou a varios pisos do número 6 desa rúa.

Varios particulares alertaron ao 112, que mobilizou aos Bombeiros, Urxencias Médicas, Policía Local e Nacional e Protección Civil.

Da fachada da vivenda desprendéronse cachotes que caeron sobre varios vehículos aparcados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 XPC

Hai un erro neste artigo, xa que a fotografía que poñedes non se corresponde coa Rúa San Salvador.