Temas: REGANOSA XUNTA

A Xunta reforza o seu capital en Reganosa

O goberno galego merca máis accións de Reganosa. Pasa do 17,50% ao 24,31% ao comprar ese capital por 8,9 millóns de euros. Di que quere converter a Galicia no centro de distribución de gas de España.

Por Galicia Confidencial | Mugardos | 10/02/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Xunta desexa converter Galicia no centro de abastecemento e distribución de gas en España. Por iso, adquiriu este martes máis accións da empresa mixta de enerxía Reganosa

Planta de Reganosa en Mugardos
Planta de Reganosa en Mugardos | Fonte: www.gnlglobal.com

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que compareceu co presidente da asociación do sector naval Aclunaga, Marcos Freire,  insistiu en que este é un obxectivo primordial da Xunta e que decidiu adquirir máis accións pola desinversión en Reganosa por parte da firma Gasifica, propiedade de Gas Natural-Fenosa.

A Xunta anunciou onte que a súa participación en Reganosa, tras a venda de accións de Gasifica, pasou do 17,50% ao 24,31% ao comprar ese capital por 8,9 millóns de euros. “Trátase dun sector absolutamente estratéxico que temos que salvagardar e impulsar e, por iso, hai que blindar a posición de Reganosa e a súa vinculación con Galicia", dixo.

Conde dixo que, Reganosa, que dispón dunha planta gas licuado situada no municipio coruñés de Mugardos, e que pasou a ser controlada polo grupo galego Tojeiro, que comprou o resto de accións de Gasifica, ten "resultados moi positivos" así como "efectos indirectos" para a economía galego.

“A Xunta ten que aproveitar a oportunidade que supón para Galicia desenvolver un 'hub'" ou centro de abastecemento e distribución de gas natural licuado desde esa planta”, dixo. Ademais, sinalou que no futuro espera que os buques de Salvamento Marítimo poidan ser impulsados por gas natural licuado e apuntou que a planta tamén pode contribuír a desenvolver o sector naval.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e a ex conselleira de Facenda, Elena Múñoz, cun representante de Gas Natural na presentación do proxecto de Reganosa
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e a ex conselleira de Facenda, Elena Múñoz, cun representante de Gas Natural na presentación do proxecto de Reganosa | Fonte: Xunta

Temas: REGANOSA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xaquín

E o BNGuai non vai entrar no accionariado da empresa que tanto defendeu?