Temas: EQUO EN MAREA

A aposta de Equo pola Marea Galega é unha Onda Verde

O partido ecoloxista volve apostar pola confluencia de cara as eleccións autonómicas deste ano. Agora ben, os ecoloxistas fixan as súas condicións.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/02/2016 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Así consideran irrenunciables para unha "Marea Galega" cuestións como as primarias abertas á cidadanía e a democracia participativa en todos os niveis do proceso.

A nivel programático, o partido presenta un manifesto, titulado Onda Verde, co que busca “aglutinar a persoas e axentes do movemento verde en Galicia”. Ese texto busca artellar dentro da Marea Galega unha corrente que defenda os valores de “Ecoloxía Política, Sustentabilidade, Democracia Participativa, Equidade Social e a loita polo Ben Común”.

O partido, que ten por covoceiros a Silvia Pinal e Néstor Vázquez, vai comezar a presentar esta estatexia a partidos políticos, organizacións, actores e toda persoa interesada neste proxecto de carácter integrador”.

Cómpre lembrar que Equo é un dos catros socios de Alternativa Galega de Esquerdas no Parlamento de Galicia; canda EU, ANOVA e Espazo. A nivel local, apoiou a numerosas mareas, como, entre outras, Ourense en Común, Compostela Aberta, Betanzos Novos e Marea Atlántica na Coruña.

Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela
Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela

Temas: EQUO EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Próculo

Fuchedes moi honrados non entrando no cambalache do tripartito de En Marea, a ver si agora podedes participar.

3 Sariña Mera

Pois paréceme ben, sempre que aporten e non poñan trabas, benvidos sexan.

2 LoLi

Equo tamén participou desde o comezo en Marea Atlántica e acadando un concelleiro Daniel Díaz Grandío, encargado da carteira de mobilidade e ligazón coa Deputación da Coruña.

1 Roi Gómez

A ver se vos deixan participar en igualdad de condicións os do tripartito da Marea das pasadas eleccións. Sorte!