Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/09/2006 | Actualizada ás 09:02
A enquisa de La Región destaca, ademáis, que Emilio Pérez Touriño é o líder máis valorado cunha nota dun 5,3, seguido de Núñez Feijóo con 4,8 e Anxo Quintana con 4,7. O único que sube de puntuación é o presidente pasando dun 5,1 de maio a un 5,3; mentres que Feijóo baixa seis décimas e Quintana, duas.
Sobre a xestión dos incendios, o traballo demoscópico suliña que a maioría dos galegos esixe responsabilidades á Xunta polos incendios, principalmente a Touriño (un 31,8%), Suárez Canal (27,3%) e Quintana (20,5%). Sen embargo, os galegos destacan o traballo dos voluntarios, das forzas de seguridade e exército e da plataforma Nunca Máis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.