Enquisa na Región

Unha enquisa publicada hoxe por La Región sinala que o PP gañará as eleccións municipais de 2007 co 48,2% da intención do voto; mentres que o PSOE obtería un 29,7% e o BNG, un 14,7%....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/09/2006 | Actualizada ás 09:02

Comparte esta noticia

A enquisa de La Región destaca, ademáis, que Emilio Pérez Touriño é o líder máis valorado cunha nota dun 5,3, seguido de Núñez Feijóo con 4,8 e Anxo Quintana con 4,7. O único que sube de puntuación é o presidente pasando dun 5,1 de maio a un 5,3; mentres que Feijóo baixa seis décimas e Quintana, duas.

Sobre a xestión dos incendios, o traballo demoscópico suliña que a maioría dos galegos esixe responsabilidades á Xunta polos incendios, principalmente a Touriño (un 31,8%), Suárez Canal (27,3%) e Quintana (20,5%). Sen embargo, os galegos destacan o traballo dos voluntarios, das forzas de seguridade e exército e da plataforma Nunca Máis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Non o entendo

Para o señor Carliños:

Se todo iso que di -que non sei se é certo ou non- resulta verdade, denúnceo e poña probas. Do contrario, eu sería máis prudente á hora de botar a lingua a pacer.

3 carliños

Lóxico, reproduzco o que xa escribin en outra páxina
xa que casi todos sodes bloqueiros nesta páxina a ver si alguén pode explicarme algunhas cousas: un cese do doga, Cesa de responsable do instituto de consumo e nomease o secretario xeral, tendo en conta que as competencias en Comercio son ridículas ¿por que non eliminan esa dirección xeral ou a cesan? ¿será que este secretario xeral quere estar en todolos cocidos?¿que fai en nueva york de vacacións hay unhos meses nun evento turístico?¿que fai en argentina vendo balnearios?¿non tiña cartos para pagarse as vacacións?¿que facía Quintana pavoneándose no barco do coñecido empresario da construcción Jacinto Rey?¿que fai o director de turismo facendo convenios a esgallo co seu propio departamento da universidade e viaxar?¿que fai o conselleiro e o seu equipo o completo pasando un fin de semana no pazo de lestrove vivindo a corpo de rei nun establecemento que non está aberto ó público?¿que fai Suarez Canal presumindo de aforro en prevención e agora non dimite?¿que fai o director de montes escupindo a os demais a sua propia merda?¿que fai a conselleira de cultura sin usar as illas de san simon e san antonio e deixando que se deterioren?¿que fai un señor do bloque cobrando un soldo para nada ca disculpa de que xerencia o funcionamento da illa de san simón?¿Que fai unha señora exercendo como vicesecretaria de industria e cobrando como persoal de confianza?.
Estas son solo unhas poucas preguntas de miles que se poden facer, o poder corrompe co tempo pero a algúns casi non lles vai a facer falta o tempo. E tempo o tempo, as cousas sábense mais preto do que poden pensar.

¿que esperades? E o psoe ainda subirá mais porque está a facer política e xestión de unha forma correcta e con certos coñecementos.

O mais grave para vos e que nas próximas autonómicas ainda baixaredes mais, pero entenderedes que e lóxico

2 Derviche

Non me estrañaría nada que o BNG baixase un pouco (o candidato e os demais que o acompañan son de segunda ou terceira división) e que o PSOE subise un pouco como efecto do bipartito e de Zapatero (a pesar tamén da mediocridade do seu candidato).
En todo caso, a cousa vai estar moi rifada. Será por pouco máis dun cento de votos o que decida o resultado final.

1 parroquiano

Das enquisas da Folla Parroquial fiome bastante pouco, como casi todas están feitas a medida do paganini de turno. Esta en concreto fixose para deixar en evidencia a Cabezas, e facer creer que sin él nas listas o PP sube, vamos que se mude canto antes do Concello.
En canto ao BNG, dicir que desmantelou o seu grupo municipal por "falta" de xente para levar a Santiago, e iso vaille costar moi caro de cara a municipais. A xente non e parva.
Por certo, os socialistas ainda non ten candidato oficial.