Temas: MúSICA

Como foron os inicios da música protesta en Galicia?

Naceu ligada á Nova Cançó Catalana e tivo a súa máxima expansión durante os anos 70. A nova música era monolingüe en galego e reivindicativa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/02/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Voces Ceibes é o grupo que marca toda unha época da música protesta en Galicia. Nel comezou Benedicto García Villar, Xavier González del Valle, Guillermo Rojo, Vicente Araguas, Xerardo Moscoso e Miro Casabella e xa nos 70 se completaríase o elenco con Bibiano Morón e Suso Vaamonde.  Un grupo que naceu o 1 de decembro de 1968 tras un concerto na  Sala Capitol de Santiago.

Recital de Voces Ceibes en Sada en 1974
Recital de Voces Ceibes en Sada en 1974 | Fonte: memoriadesada.com

Pero o que marca como punto de partida para todo ese movemento da canción protesta en Galicia é o recital que o cantautor xativés Raimon ofreceu o 9 de maio de 1967 en Santiago. “Foi ese concerto o punto de concienciación precisa para que se precipitase un formato homónimo na xeografía galega”, asegura a investigadora Sheila Fernández Conde na súa tese ‘Galicia ollando a Cataluña: dúas fronteiras do movemento da canción protesta (1968-1980)’ .

Precisamente, a canción protesta nace en Galicia nun contexto peculiar, marcado pola ditadura franquista pero estreitamente ligado a un referente xeográfico como era Cataluña. A Nova Cançó Catalana perfílase como fronteira estética á que nun primeiro momento recorren os cantautores galegos para logo redefinirse e evolucionar cara a modelos identitarios onde a protesta se ve superada por elementos de raíz popular.

A ‘canción’ que xurdía dese primeiro recital de Raimon materializouse logo en 1968, en plena reivindicación universitaria, con tres concertos principais de presentación: o 30 de marzo na Escola de Peritos Agrícolas de Lugo, que pese a contar cos permisos gobernativos viuse frustrado e tivo que celebrarse na intimidade da casa do organizador, o profesor Xesús Alonso Montero; o 26 de abril na Facultade de Medicina de Santiago tras unha asemblea universitaria e o 1 de decembro na Sala Capitol.

Deses recitais de presentación tamén sairían as bases definitorias iniciais da canción galega: monolingüe (en galego), de base social, reivindicativa “e esteticamente afastada da música tradicional, entendida como ‘folklorista’ xa que estaba sendo empregada como instrumento do réxime a través dos Coros y Danzas da Sección Femenina”, explica Sheila Fernández.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Vaderetro

Nunca tuvieron un éxito de cierta relevancia más allá del final del franquismo. Eran tiempos de chaquetas de pana, coderas, pelos largos y barbas sin cuidar. Fueron militantes del PCE, del MCG, o la UPG, pero su público nunca superó lo político. Desde mediados de los setenta, ese movimiento general de protesta en el que se encontraban les difuminó. Sus seguidores lo eran también de Asfalto, Ñu, Coz o los míticos NHU. Y estos a su vez engullidos por la movida ochentera: Radio Futura, Parálisis Permanente, Siniestro, Golpes Bajos o los Ilegales. Tiempos viejos...tiempos salvajes

2 os do PCE

Em Compostela estaban o Bibiano e o Benedito

1 Araguas

Tamén estaba Maria, Jei Noguerol, Bernardo Xosé, e outros. Quen non estivo NUNCA foi Xoan Rubia, de feito so fala en castelán, por máis que algúns, especialmente os psoeiros, queiran facelo figurar na terna