Temas: HOMOFOBIA

Condena unánime á agresión homófoba en Santiago

O alcalde de Santiago, o conselleiro de Cultura, o PSdeG e EU critican duramente esta agresión. Por outra banda, Lalín celebrará este sábado o seu cocido Gai, precisamente, para visibilizar a este colectivo e evitar este tipo de comportamentos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/02/2016 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega,  grupos políticos como o PSdeG, o BNG e Esquerda Unida, e a Xunta, condenaron a agresión homófoba denunciada na capital galega e que tivo lugar o pasado luns. Un feito que consideran "intolerable" e "inaceptable".

Bicada do colectivo LGTB na Coruña e ovos que lles lanzaron algúns homófobos asistentes
Bicada do colectivo LGTB na Coruña e ovos que lles lanzaron algúns homófobos asistentes | Fonte: Área Joven FELGTB

Un matrimonio galego, o formado por Antonio J. R. e Roberto S, acudiu á comisaría da Policía Nacional por unha agresión homofóbica da que, contan, foron vítimas nun supermercado da capital galega e que consistiu en puñadas e insultos varios, tales como "maricón" ou "sidoso de mierda, espero que no me contagies nada".

Martiño Noriega considerou “inaceptable” esta agresión e o PSdeG, nunha nota, recriminou e mostrou a súa sorpresa por este tipo de "actos violentos" que requiren de "tolerancia cero". Por iso, urxe á posta en marcha de protocolos de actuación específicos no marco de plans integrais nos que se faga fincapé na prevención, a educación e a protección.

Esquerda Unida , pola súa banda, explica nun comunicado que unha vez máis toca "elevar a voz de alarma" e reclamar políticas para garantir a seguridade do colectivo LGTBI co fin de que poidan ter unha "vida digna" e de que isto "non volva ocorrer nunca máis".

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, tamén condenou, no transcurso dunha intervención parlamentaria, esta agresión homófoba. “Desde o punto de vista xurídico e moral é absolutamente condenable", dixo.

Cocido Gai

Por outra banda, e precisamente para normalizar unha situación que xa é común en moitas parellas galega, o Concello de Lalín celebrará o vindeiro 13 de febreiro a súa primeira edición do Cocido Gai. O alcalde, Rafael Cuiña, destacou que se busca visibilizar a un colectivo "que tiveron conculcados os seus dereitos" e promocionar a imaxe do municipio.

Temas: HOMOFOBIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Davinia

Boas o cocido non en o 13/02 e o 05/03, creo k tedes un erro na publicacion

3 Alexandre Garrido López

En serio ides a obviar ao BNG que foi o primeiro partido en reaccionar e emitir un comunicado de repulsa? Logo falamos da manipulación no ABC...

2 Españoleshomofobos

Los insultos fueron en español lo que demuestra la homofobia española.los españoles siempre tan tolerantes panda de fascistas.prefiero ser amigo del diablo antes que de un español. Catalunya lliure

1 D. Ignoracia

Ti escriveste en castelán, logo... es un español homófobo e fascista?

2 españolhomofobosgalegostontos

ignorancia la que tu tienes si quieres te parlo catala y te quedas con tu español de mi er da y no te enteras de lo que digo, catalunya lliure

3 españolhomofobosgalegostontos

ignorancia la que tu tienes si quieres te parlo catala y te quedas con tu español de mi er da y no te enteras de lo que digo, catalunya lliure

4 MacLochlainn.

What a fuckwit troll shithead bottom feeding amoebic cunt you are. Wash your hideous mouth out, twat.

5 SerEspañolÉSerCatalán!

Eu considerome galego, máis nom espanhol. Aínda así os galegos temos a costume de afrontar os problemas de cara a eles e nom coma vos que os votades fóra e os gardades en Andorra; Corruptos!!! :)

1 Circus Máximus

Creo en la igualdad de derechos de las personas y me parece que la orientación sexual de las mismas no puede en modo alguno limitar la capacidad de ejercer esos derechos. A pesar de esto, tengo serias dudas de que este tipo de manifestaciones contribuyan a que se incrementen el respeto y la tolerancia de la ciudadanía hacia los miembros del colectivo de homosexuales.