Temas: PODEMOS EN MAREA

Máis leña ao lume na crise en Podemos Galicia

Quen é o líder do partido morado no país? Riobóo di que sigue sendo el, o aparato de Madrid admíteo, pero recoméndalle irse porque vai durar no posto o que tarden as novas primarias. Mentres ANOVA non considera que En Marea corra perigo .

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela / Madrid | 10/02/2016 | Actualizada ás 23:41

Comparte esta noticia

Breogán Riobóo rompeu o seu silencio este mediodía. O ex-líder de Podemos Galicia asegura que mantén este cargo, condición que se cuestiona dende a cúpula estatal.

Sergio Pascual, secretario de organización de Podemos
Sergio Pascual, secretario de organización de Podemos

O secretario de Organización de Podemos, Sergio Pascual, lembrou esta tarde que o Consello Cidadán de Galicia e a Comisión de Garantías están disoltas. Pascual admite que isto non supón automáticamente o cese do secretario xeral, pero argumenta que un secretario sen equipo directivo non ten sentido, polo que anima a Ribóo a abandonar o cargo. Ademais, lembroulle a Ribóo que a súa permanencia formal no cargo durará o tempo que o equipo técnico seleccionado por Madrid invista en montar un proceso para a elección dun novo Consello, proceso no que está incluído, segundo Pascual, a figura do propio secretario.

“O señor Riobóo é libre de presentarse ou non presentarse ao novo proceso interno que convocou o noso secretario xeral [Pablo Iglesias] no marco dunha reunión do Consello de Coordinación Estatal, como corresponde a súa competencia, e polo tanto, se non se presenta, teremos un secretario xeral en Galicia como se poña en marcha ese proceso electoral que lle compete ao equipo técnico que imos proceder a nomear o antes posíbel”, declarou Pascual dende Madrid.

Antes Riobóo arremetera contra a disolución dos órganos galegos anunciada onte por Podemos. Na súa opinión, é produto dun plan dirixido por un sector crítico -no que estarían os dous deputados e o senador electos por En Marea- para tomar o poder en Galicia. Plan que incluiría a dimisión de varios representantes do Consello Cidadán, o que permitu a Madrid disolver este órgano por quedar sen a maioría dos membros orixinais.

Riobóo considera que segue a ser secretario xeral a todos os efectos e, de feito, pensa continuar coa súas ronda de contactos comarcais para que a militancia opine sobre a estratexia cara as autonómicas. O político volveu a cuestionar a reedición En Marea e lembroulle a Madrid que “serán os inscritos os que decidan como imos a concorrer as autonómicas”.

Breogán Riobóo, secretario xeral de Podemos Galicia
Breogán Riobóo, secretario xeral de Podemos Galicia

Riobóo acusou a Pascual de “saltarse os estatutos” por anunciar o nomeamento dunha xestora co fin de ”crear estruturas paralelas e vaciar de funcións a dirección”. Tamén negou as acusacións dos cargos dimisionarios, quen dixeron que non dialogara para chegar a un consenso que evitara esta crisis. Así, asegurou que fixo até tres propostas e que ningunha recibiu contestación.

Escríbese así un novo capítulo da crisis interna de Podemos que seguramente rematará cun novo proceso de consulta a militancia. Carreira na que Riobóo parte, en teoría, dende unha posición flébel.

En fronte ten ao aparato de Podemos en España -quen apoiara a súa lista , que gañara hai un ano con menos do 55% dos sufraxios-, aos cargos electos nas Cortes (os deputados no Congreso Gómez-Reino e Ángela Rodríguez e a do senador García Buitrón) e a parte da militancia agrupada en Bases Podemos, que leva meses denunciando a suposta falta de democracia interna no partido morado.

Os movementos en Podemos teñen moito que ver coas alianzas electorais. Riobóo defende que o partido morado é o gran responsábel do éxito de En Marea e criticou a campaña por, na súa opinión, centrarse nun discurso demasiado nacionalista. Punto de vista non compartido por Pablo Iglesias, quen di sentirse “moi cómodo” coa confluencia galega. 

Precisamente o socio nacionalista de En Marea, ANOVA pronunciouse hoxe por boca dun dos seus cargos. O alcalde de Santiago Martiño Noriega di que os tirapuxas en Podemos non van afectar a “continuidade do relato de En Marea” e non afecta a alianza. Noutras palabras, dende ANOVA confíase en que as teses de Riobóo sexan derrotadas e poida haber unha coalción cara as autonómicas.

Temas: PODEMOS EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 FPE

Vía libre para a FPG, ou mellor dito FPE

4 balbino

Incrible que cada vez que aparece unha noticia deste estilo, sempre aperece a culpa e do BNG ou UPG, xa é cómico, un pouco de seriedade e rigurosidade. E os fanáticos de Podemos que reparten os carnets de esquerdas (sin dar exemplo na práctica, Cuiña fillo é moito máis de esquerdas que todos eles xuntos ) que vaian a encarcerlar a titiriteiros que iso é moi de esquerdas.

3 XanKaraLlás

Tratar de reventar a Marea é algo nefasto, é traballar para facer fracasar calquera proxecto de cambio real. Ten razón Pablo Iglesias e o Breogán Rioboo ou non sabe ou é un submarino do PPPSOE.

1 Era visto

Unha tropa de comediantes esa marea. Sumadas a Podemos unha farsa electoral

2 XanKaraLlás

Non hai maiores comediantes que os dirixentes do BNG-UPG.

3 Era visto

Van facer boas marcas de aterraxe en tempo record os acomplexados e sumisos da nova política. AGE esfarelado no parlamento galego, o de Podemos en Galiza non hai máis que leer o artigo e a Marea sen grupo galego que era o que tanto cacarexaron e que non conseguiron a sabendas. Unha fraude e un camelo. Tocaron os ceos e veñen en picado os farsantes. Para esa viaxe non precisaban equipaxe, coa albarda ían abondo

2 lobeon

vaite Breogán, vaite, e aprende un pouco a traballar en equipo...

1 Gamela

Visto o visto... vai ter razón Rioboo en que o invento En Marea é un asalto dos cadros políticos de ANOVA e EU para utilizar o paraugas mediático de Podemos en Galicia! Así veremos como un partido horizontal convértese en VERTICAL diante dos ollos de tódolos seus afiliados! Porque non debemos esquecer que o CENSO de Podemos non é público nin temos coñecemento de quenes son neste intre os AFILIADOS REAIS e cales son os ARRIMADOS POR CONVENIENCIA (En Marea) ? Cando menos agardo que esa Xestora non meta man nos censos de Podemos Galicia !!!

1 Era visto!

A culpa foi do BNG

2 XanKaraLlás

Pois sería visto, mais o BNG ten moita culpa do dominio da dereita en Galiza.

3 Gamela

Estamos asistindo a un golpe de man a Podemos-Galicia dende AGE (EU+ANOVA) // Digamos que Pablo Iglesias quedou impresionado pola clarividencia intelectual do Beiras... O malo é que a vida non é só pensamento político, senon REALIDADE POLÍTICA i eso xa é fariña doutro costal... Estas artimañas volveránse contra dos que pensan que a xente é parva e non o é... Pero o peor deste negocio é que se van cargar non só un partido EMERXENTE en Galicia -que no fondo do zapato era o que lles molestaba aos nosos profesionais da política galega- o máis grave é que poden MATAR unha vez máis as esperanzas da xente... Imos ver...?