Descende o impago no comercio galego

Os efectos impagados decenderon un 20,26% en 2015 con respecto ao ano anterior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 13/02/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O importe dos efectos impagados ao comercio descendeu en decembro en Galicia nun 20,26% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Unhas cifras que a sitúa a cabeza do Estado en canto a reducción.

De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán
De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán

O descenso de impagos ao comercio foi espectacular en Castela e León (24,1%) e baixou noutras doce autonomías, mentres que subiu no resto, sobre todo,en Cantabria (48,5%) e Baleares (37,5%).

Ademais dos descensos de Castela e León e Galicia, foron notables os de Estremadura (17,7%), Canarias (15,6%), Madrid (14,3%) e Cataluña (13,3%). Tamén baixou na Comunidade Valenciana (9,8%), A Rioxa (8,2%), Asturias (7,1%), Murcia (6,5%), País Vasco (5,2%) e Aragón (0,1%).

Cataluña e Madrid concentran preto da metade do total do importe dos efectos de comercio impagados en decembro (44,4%).

Segundo a Estatística de Efectos de Comercio Impagados, o importe dos efectos de comercio impagados ascendeu en decembro a 242 millóns de euros, un 9,4 por cento menos que no mesmo mes do ano anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta