Alerta por choiva en varias provincias galegas

A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, de acordo coas predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), avisa por choivas intensas en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/02/2016 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

As precipitacións poderían ser especialmente intensas na provincia de Pontevedra, onde poderían acumularse ata 80 litros en 12 horas. Ao longo da madrugada, as choivas iranse estendendo a outras zonas do norte peninsular.

A Acampada Obradoiro protéxese da chuvia
A Acampada Obradoiro protéxese da chuvia

De feito, Meteogalicia ten previsto alerta amarela en toda a provincia de Pontevedra, no Suroeste de Ourense e no Oeste da Coruña na noite do venres por acumulación de chuvias en 12 horas.. O temporal seguirá o sábado, con alertas laranxas por vento na costa.

Recomendacións ante choivas intensas

 

• Se vai conducindo, diminúa a velocidade, extreme as precaucións e non se deteña en zonas onde poida discorrer gran cantidade de auga.

• Se ten que viaxar, procure circular preferentemente por estradas principais e autoestradas.

• En caso de tormentas súbitas e choivas intensas, débese ter en conta o lugar onde se aparcan os vehículos. O rápido ascenso do nivel das augas pode danar os vehículos aparcados sobre zonas inundables e, ademais, arrastralos, provocando danos a bens alleos e mesmo obstaculizar o fluxo natural da corrente.

• Se comeza a chover de maneira torrencial, pense que existe risco de inundación. Non atravese co seu vehículo nin a pé, os tramos alagados, porque descoñece o que pode haber debaixo da auga e localice os puntos máis altos da zona. Non tente salvar o seu automóbil no medio dunha inundación.

• Se se atopa no campo, hai que afastarse dos ríos, torrentes e zonas baixas de ladeiras e outeiros, evitando atravesar vaos alagados. Igualmente, debe dirixirse aos puntos máis altos da zona

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gaitas do Nalón

Efectivamente antes chovía e ademais chovía máis. Agora chove un pouco e fai un pouco de vento e xa hai alerta vermella. Por certo AEMET non dá unha. Ten erros monumentais. Dá pena. Meteogalicia acerta con unha precisión de metros e minutos. Pero é verdade que a colonización avanza a pasos axigantados.

1 Logo antes non chovia?

A doma e castracion das nosas mentes. Dentro de pouco vannos facer crer que somos hispanos e que na nosa terra nunca chove.