Feijóo escribe a última carta de Álvaro Cunqueiro

A rúa de Madrid que leva o nome do escritor, sírvelle ao presidente galego para tentar iniciar unha polémica co Concello de Madrid e para criticar a “Podemos Mareas”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/02/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A polémica pola listaxe provisional de 256 rúas "franquistas" preparado pola Cátedra Complutense "Memoria Histórica do século XX" para o concello de Madrid tamén chegou a Galicia e salpica a un dos grandes escritores galegos, Álvaro Cunqueiro.

Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro | Fonte: llavedeloscampos.blogspot.com

E é que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a presencia do nome do escritor nesa listaxe para escribirlle á alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, e dicirlle "formalmente" que é "totalmente absurdo" cuestionar a unha figura como Álvaro Cunqueiro, da que "todos os galegos están especialmente orgullosos". Tamén para pedirlle que inclúa o seu nome na rectificación das rúas susceptibles de eliminación.

Feijóo remitiu a misiva despois de que a propia alcaldesa de Madrid recoñecera que era un “disparate” incluír este e outros nomes como o de Salvador Dalí, Santiago Bernabéu ou Josep Pla. De feito, a Cátedra anunciou que renuncia a asesorar ao Concello de Madrid para elaborar o seu Plan Integral de Memoria pola “incapacidade da institución para garantir as condicións mínimas para desenvolver un traballo profesional e sosegado, como require toda investigación científica" e explicou nun comunicado que lles atribúen "múltiples propostas que son falsas".

"Hoxe vin, espero que estea ben, escoiteino, que a Cátedra da universidade se enfadou definitivamente coa alcaldesa e di que non vai seguir traballando na eliminación de rúas porque non ten a tranquilidade intelectual para seguir; pois ben, se queren tranquilidade intelectual con Galicia que a respecten e respectar a Galicia é respectar a Álvaro Cunqueiro", dixo a este respecto Feijóo.

Ademais, aproveitou para tentar pescar en río revolto e atacou a "Podemos Mareas" porque dixo, "este asunto merece unha explicación desde este partido político".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Paco

Vergoñento como Feijo, un ignorante que seguro que nunca leu a Cunqueiro, utiliza as falsas informacións sobre o caso. No artigo que enlazo abaixo explícase como o famoso listado non ten que ver ca cátedra de memoria histórica nin co concello de Madrid, senón que a fixo un historiador no ano 2004. Un caso de manipulación política e informativa de libro, un máis. http://www.eldiario.es/madrid/lista...

1 k2wc

No profesorado das facultades de historia (con minúscula) están as máis selectas falanxes de panocos do Estado (dende Cataluña ata Canarias).