1.000 galegos morreron en 2015 coa prestación recoñecida pero sen cobrar

O PPdeG rexeita un plan de choque para solventar a lista de espera de aplicación da Lei da Dependencia argumentando que a cobertura chega agora ao 60%.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/02/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, alertou onte fronte ao “déficit brutal” nos medios persoais para a xestión das solicitudes da Dependencia en Galicia. A deputada socialista presentou unha pregunta na Comisión de Política Social na que sinalou que a situación resulta especialmente grave en A Coruña e Pontevedra, comparativamente con Lugo e Ourense.

Persoa maior dependente
Persoa maior dependente | Fonte: PSdeG

Precisamente na provincia de A Coruña, dixo, o escaso persoal que ten que afrontar as solicitudes “non pode cumprir o prazo de 3 meses establecido para finalizar coas valoracións en ningún caso”. As valoracións son chanzo imprescindíbel para ver recoñecida a prestación, aínda que logo a axuda non se cobre até que corra a lista e haxa fondos dispoñíbeis.

O PPdeG rexeitou esta semana un plan de choque que pedía toda a oposición para combater esta eiva. Os conservadores argumentan que tal plan de choque xa existen e esgrimen que agora hai unha cobertura do 60%, cando en 2009 era do 30%.  Ademais, a deputada Marta Rodríguez Arias prometeron que este ano 10.000 persoas incorporaríanse ao sistema. 

Dende AGE lembráronse que en 2015 morreron 1.000 galegos con dereito a cobrar recoñecido, pero sen ver un peso.  En Galicia hai uns 41.500 beneficiarios cobrando. Durante o bipartito recoñecéronse 28.500 prestacións e nos case 8 anos de goberno do PPdeG 14.000 persoas entraron no sistema. A lista de espera para lograr o recoñecemento da prestación segue a aumentar, con máis de 27.000 persoas en agarda a mediados do ano pasado.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta