Temas: FUXIDAS

Conta atrás para a Feira Medieval de Monforte

O Concello de Monforte de Lemos presentou o cartel anunciador e as bases de participación para a XIV Feira Medieval.

Por GC Tendencias | Monforte de Lemos | 15/02/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A concelleira de cultura, Marina Douton, presentou onte en rolda de prensa o cartel anunciador da Feira Medieval deste ano, obra do monfortino José Quiroga, e as bases de participación para os interesados nalgún posto para comercializar os seus produtos na mesma. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 1 de marzo e os interesados poderán acceder aos formularios a través da páxina web do concello.

Cartel XIV Feira Medieval de Monforte de Lemos
Cartel XIV Feira Medieval de Monforte de Lemos

Calcúlase que se cheguen aos 100 postos do ano anterior e o percorrido e rúas implicadas na colocación dos mesmos non sufrirá apenas modificacións.

Mantense a celebración do evento en dous días e coincidindo coa Semana Santa co cal terá lugar o 26 e 27 de marzo. A finais de febreiro ou principios de marzo darase a coñecer o programa de actividades.

Marina Douton e José Quiroga
Marina Douton e José Quiroga
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta