Guerra aberta entre os alcaldes de Vigo e Porto

Abel Caballero pide á UE que investigue ao seu colega portugués e Rui Moreira ironiza; “pode chamar a PIDE”. A decisión da compañía lusa TAP de abrir un novo voo entre Vigo e Lisboa e o enfrontamento que mantén co rexedor luso está detrás da polémica.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 13/02/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A decisión da compañía lusa TAP de abrir unha nova conexión entre Lisboa e Vigo acaba de abrir unha fenda nas relacións políticas entre a cidade olívica e Porto. Unha tensión que xa fixeron pública os seus dous rexedores, Abel Caballero e Rui Moreira.

Un avión da TAP
Un avión da TAP | Fonte: tap.pt

Hai uns días, Caballero cualificaba como “intolerable” a actitude de Moreira por criticar a decisión da compañía aérea e mesmo pedía unha investigación da Unión Europea porque consideraba as súas palabras “dunha gravidade extrema” e poderían significar unha forma de “condicionar o mercado libre”.

Non tardou en contestarlle o seu homólogo luso. “Até pode chamar a PIDE”, ironizou Moreira en alusión á  Policia Internacional e de Defesa do Estado, a temible policía secreta do réxime do ditador Salazar. Unhas palabras que tentaban desairar ao rexedor vigués tras o deterioro da súa relación. Unha relación que, curiosamente, ata hai uns meses era moi cordial. De feito, en xullo de 2014, os dous acordaron, por escrito, estreitar os lazos entre as dúas cidades a través da promoción turística.

Medios portugueses relacionan a actitude de Vigo e das autoridades galegas coa estratexia comercial agresiva do Aeroporto Francisco Sá Carneiro de captar usuarios de Galicia aproveitando a falta de coordinación entre os tres aeroportos do país e as diverxencias políticas que existen. Pero tamén apuntan a un deterioro de relacións entre a TAP e o rexedor de Porto para explicar o enfado de Moreira.

De feito, Porto captou o pasado ano máis de 800.000 galegos ofrecendo ata 60 destinos estranxeiros e o seu aeroporto superou o ano pasado a barreira dos 8 millóns de pasaxeiros, ou sexa, máis do dobre dos tres aeroportos galegos xuntos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

1 KGTK

a paiasada da eurorrexion con Portugal tiña que desaparecer e facer unha co Bierzo, As Portelas, etc. Portugal ten outro nivel económico e so ofrece dumping e competencia desleal.

1 teutonio

Unha eurorrexión ten que contar con territorios de 2 ou máis estados, e que sexan considerados NUTS, as Portelas non teñen unha administración propia , o que dis é unha "paiasada"

2 AZ67

essa é umha España-región, e pra isso xa chega co que fai Madri e os seus monicreques da chunta de Galicia

3 KGTK

Mira Tetonio, non tes moitas luces, quero unha eurorrexión co Bierzo, coa Galicia auténtica, as normas cambianse.

4 teutonio

Ok, dille á Comisión Europea que mude as normas... pero logo non sería eurorrexión, sería rexión española a secas.

5 KGTK

Sería unha rexión galega, palabra que ainda vos da alerxía.

6 teutonio

Pois eí o dixeches, rexión galega, pero non eurorrexión ;)

7 KGTK

Non sei se sabes de xeografía, pero Galicia está en Europa.

8 Teutonio

E voltamos á primeira mensaxe, anda le: https://gl.wikipedia.org/wiki/Euror...

9 KGTK

Cando alguén sinala a Lúa, o par vo mira o dedo. Non importa que se chame eurorrexión., birrexión ou mundorrexión, importa que Galicia teña unha relación cos seus territorios semellantes cultural e economicamente. (O Bierzo, As Portelas, etc...) e non coa competencia portuguesa.