O responsábel de Telecomunicacións de Chile aplaude a audacia empresarial dos galegos

O subsecretario de Telecomunicacións de Chile, Pedro Huichalaf, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a sede central da empresa Plexus e puido coñecer os últimos desenvolvementos tecnolóxicos da empresa galega en materia de transportes e turismo, mostrándose interesado -segundo informa a compañía- tamén noutros produtos ligados á sanidade ou a educación

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/02/2016 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

O subsecretario Huichalaf dixo "estar gratamente impresionado pola capacidade de que unha empresa TIC como Plexus poida desenvolver produtos competitivos a escala internacional e interesar a empresas do seu país". "Valoro -engadiu- a audacia dos galegos, a súa capacidade para chegar e triunfar en calquera lugar do mundo, e agora resalto a vocación universal das súas empresas, como Plexus, cuxos produtos e a fórmula para implicarse nos sectores produtivos locais, xerando riqueza e emprego, son un modelo para seguir".

No transcurso da visita, Antonio Agrasar, conselleiro delegado desta empresa, confirmou o compromisocoa internacionalización. "Facémolo -asegurou- convencidos que desde Galicia é posible competir, facelo en vanguardia, determinando a oportunidade, creando novos produtos, colaborando coa Universidade e cos emprendedores, considerando a vocación dos nosos mozos, e aproveitando a profundidade da nosa emigración, presente en todo o mundo e en postos de relevo".

O subsecretario de Telecomunicaciones de Chile, Pedro Huichalaf, en Plexus
O subsecretario de Telecomunicaciones de Chile, Pedro Huichalaf, en Plexus

Esta compañía está xa en Chile, Reino Unido, Escocia, Francia, Portugal, México, República Dominicana, Bolivia, Marrocos. Nalgúns lugares como Santiago de Chile e Londres xa contamos con delegacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Desplexurizado