Alerta por nevaradas en Lugo e Ourense

A cota de neve baixará aos 500 metros e poderían producirse acumulacións de neve de 25 centímetros nas zonas montañosas destas provincias e até os 10 centímetros no resto da provincia de Ourense.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 13/02/2016 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Lugo e Ourense están en alerta esta fin de Semana. A Delegación do Goberno en Galicia activou a fase de alerta por nevaradas do Plan de Vialidad Invernal en Estradas destas dúas provincias tras as predicións emitidas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Un camión con sal trata de despexar unha estrada chea de neve na montaña de Lugo
Un camión con sal trata de despexar unha estrada chea de neve na montaña de Lugo | Fonte: lainformacion.es

Segundo estas predicións, desde a medianoite e até o luns poderían producirse acumulacións de neve de 25 centímetros nas montañas de Lugo e Ourense e até os 10 centímetros no resto da provincia de Ourense. Ademais, a cota de neve baixará até os 500 metros.

A Delegación do Goberno lembra que se se vai a viaxar débese consultar a información previa do estado das estradas e da situación meteorolóxica, que se revisen os pneumáticos, anticonxelante e freos, ademais de levar cheo o depósito de combustible e levar cadeas e elementos de abrigo. Tamén é recomendable levar un teléfono móbil e o dispositivo de alimentación.

En caso de quedar atrapado pola neve, a Delegación do Goberno recomenda permanecer no coche, se o temporal sorprende ao condutor dentro do mesmo e manter o motor do vehículo aceso e a calefacción posta, coidando renovar cada certo tempo o aire. É moi importante evitar quedar durmido.

Ademais, debe comprobarse que se mantén libre, en todo momento, a saída do tubo de escape para que o fume non penetre no coche. E se é posible recoméndase sintonizar as emisoras de radio. A Delegación do Goberno fai extensibles as recomendacións ás persoas que vaian facer excursións pola montaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta