Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/12/2024 | Actualizada ás 13:12
O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Ourense decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para o home acusado de matar a un mozo cunha arma branca na cidade das Burgas. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o home, que pasou a disposición xudicial este domingo, está investigado por un delito de homicidio.
O suceso produciuse sobre as 02.00 horas do venres na rúa Pizarro cando o detido sacou unha arma branca e cravoulla á vítima, un mozo de 21 anos. Ata o punto desprazáronse os profesionais sanitarios que tentaron salvar a vida ao novo, que faleceu antes de chegar ao hospital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.