Consellos para paliar o fracaso escolar e persoal

Distintos especialistas do Estado participan no Concello de Tomiño na I Semana da Educación para reflexionar de forma conxunta sobre a educación.

Por Galicia Confidencial | Tomiño | 15/02/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Distintos especialistas do mundo da Educación do Estado debaterán a partir deste luns a importancia da educación na sociedade e, entre outras cuestións, como paliar o fracaso escolar.  Será no Concello de Tomiño no marco da I Semana da Educación que ten como fin reflexionar de forma conxunta sobre a educación.

Pleno infantil celebrado en Tomiño coa participación de nenos das escolas deste concello
Pleno infantil celebrado en Tomiño coa participación de nenos das escolas deste concello

Estas xornadas celebraranse do 15 ao 18 de febreiro no Auditorio de Goián, por onde pasarán expertos na materia procedentes de diferentes puntos da xeografía estatal.  Comezane ste luns coa ponencia de Joan Manuel del Pozo Álvarez, profesor de Filosofía Antiga e Éticas aplicadas da Universidade de Girona que falará sobre éxito e o fracaso educativo no contexto dun pobo educador.

O martes estará Dolors Reig, psicóloga social e editora de “El Caparazón”, recoñecida psicóloga que o pasado ano recibiu o Premio  iRedes. Ademáis cunha conferencia sobre aprender a aprender na sociedade de coñecemento, onde profundizará sobre os cambios cognitivos, sociais e en valores dos novos mozos e mozas conectadas, afondando nas mellores estratexias didácticas para aqueles e aquelas en risco de fracaso escolar.

O mércores 17 será a quenda de Jorge Urrea Figueira, consultor, conferenciante e profesor asociado do IES Business School cuxa ponencia ten por título “cambiemos a educación para cambiar o mundo: atención plena e guía interior”. Para finalizar, as xornadas, o xoves David Bueno i Torrens farase cargo da conferencia “¿Éxito académico ou éxito persoal? Unha cuestión de motivación, benestar e calidade”.

As xornadas son gratuitas e contarán con servizo de gardería. É preciso inscribirse e se expedirá certificado de asistencia. O prazo de inscrición pecha o 15 de febreiro ás 13h00. Pode facerse a través do mail omix@concellotomino.com ou través da web www.concellotomino.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta