Democracia Ourensana contra Baltar

A formación de Gonzalo Pérez Jácome pedirá ser acusación particular contra o presidente da Deptuación de Ourense.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 13/02/2016 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Democracia Ourensana quere que se xulgue a José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, que está sendo investigado por ter ofrecido supostamente sexo a cambio de traballo. Por iso, este grupo pedirá este luns personarse como acusación popular no procedemento xudicial aberto contra Baltar.

Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana
Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana | Fonte: ourensedixital

O presidente provincial está investigado por un suposto delito de suborno e tráfico de influencias, do mesmo xeito que a muller que o denunciou por ofrecerlle un posto de traballo na deputación a cambio de manter relacións sexuais.

Nun comunicado remitido aos medios, este grupo, que ten dous concelleiros na corporación provincial, explicará este luns  "os pormenores da acción xudicial de D.Ou. que tramitará este mesmo luns no xulgado".

A semana pasada, este grupo avanzaba a posibilidade de personarse nas dilixencias previas abertas polo Xulgado de Instrución número 3, para que o procedemento siga adiante, posto que o recurso presentado polo Ministerio Público contra o auto xudicial deixaría este procedemento sen acusación.

Actualmente, o Fiscal Xefe, Florentino Delgado, presentou un recurso contra o auto da xuíza por entender que non existe o máis "mínimo indicio racional" dun posible delito de suborno por parte do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, máis aló de "meras conxecturas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

por ter ofrecido supostamente sexo a cambio de traballo / será ao revés ! a non ser que tódolos enchufados na Deputación teñan por riba a obriga de se acostar co Presidente Baltar! Coñas aparte, vai ser que neste país no que tanto falamos contra a corrupción e tanta xustiza esiximos ninguén SOSTÉN UNHA DENUNCIA EN SERIO agás o Sindicato Manos Limpias (no caso Nóos) a plataforma Xuntos no caso Patos (Vigo) e agora D.Ou. no caso Baltar! Eu comezo a preguntarme moi seriamente para qué carallo serven os políticos electos (a máis de para cobrar as súas sustanciosas nóminas!)